CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

A portavoz municipal de Compostela Aberta esixiulle hoxe ao Goberno que dea todas as explicacións, tras coñecerse que o local que fora alugado polo exconcelleiro de Medio Rural a unha empresa da súa propiedade estaba a desenvolver a súa actividade sen título municipal habilitante. Así se recolle nun decreto no que o propio Goberno ordena á empresa Desproi o peche do local e a suspensión da actividade de centro de negocios, alugueiro de oficinas e almacén, que desenvolve baixo o nome comercial “Cadoiro Centro de Negocios”. Este decreto tén data de sinatura do pasado 17 de abril, e nel dábaselle á empresa un prazo de 5 días para cumprir coas medidas requiridas.

O decreto, asinado pola concelleira de Urbanismo, tamén recolle a incoación dun procedemento de reposición da legalidade urbanística alterada a Desproi, por desenvolver uinha actividade sen título municipal habilitante, e concédelle á empresa un prazo de 15 días para presentar alegacións. O decreto tén a súa orixe nun informe emitido de oficio por un técnico da administración xeral, con data do 16 de marzo. Nese informe recóllese que  no edificio executáronse obras sen título habilitante, e que as actividades que se desenvolven nel tamén carecen dese título municipal. O técnico dá conta da situación ao departamento de Disciplina Urbanística e advirte, ademais, que o uso de oficinas que se desenvolven no soto 2 do edificio non é legalizable.

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle ao Goberno que explique se a empresa lle tén dado xa cumprimento aos requirimentos deste decreto. Para María Rozas, “este é un novo capítulo que sementa todas as dúbidas sobre o caso Desproi, e volve demostrar o que Compostela Aberta vén denunciando: que as responsabilidades non rematan no dimitido concelleiro Pichel”. A concelleira insistiu en que “estas últimas informacións volven xerar dúbidas sobre a conveniencia de que o propio Goberno derive este expediente á Fiscalía, unha opción que descartou e que vinculou a un informe xurídico que Compostela Aberta tén solicitado e que seguen sen facilitarnos”.

Tal e como denunciou Compostela Aberta no pasado mes de xaneiro, o Goberno de Bugallo alugou en setembro de 2021 a nave de Desproi, empresa vinculada ao entón concelleiro José Manuel Pichel, para acoller os servizos municipais de Medio Rural e Parques de Xardíns. Ese contrato contiña numerosas irregularidades, que foran advertidas pola propia Intervención Municipal que o considerou nulo de pleno dereito, e foron moitas as cuestións que o Goberno non aclarou ao respecto: por que se elixiu esta nave sen visitar ningunha outra, por que se fixo unha visita a esta nave cinco días antes de redactar o informe das necesidades que tiñan os departamentos municipais, por que se tardou máis de 15 días en asinar o contrato de alugueiro desde que se acordara na Xunta de Goberno, tempo no que Pichel se desfixo das súas últimas participacións na empresa; ou por que o contrato se fixo finalmente por un ano de duración, cando o acordo da Xunta de Goberno falaba de 4 meses. 

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo