CA pide que a veciñanza da rúa Presidente Salvador Allende poida utilizar a zona de aparcamento para residentes de San Lourenzo

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana un rogo para que a veciñanza da rúa Presidente Salvador Allende poida acceder ás tarxetas para estacionar na zona de residentes de San Lourenzo.

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana un rogo para que a veciñanza da rúa Presidente Salvador Allende poida acceder ás tarxetas para estacionar na zona de residentes de San Lourenzo. Para o grupo municipal de CA, “é incomprensible que o Goberno veña de ampliar esta área incluíndo prazas da rúa Salvador Allende, e que as persoas que residen nela non teñan dereito a utilizalas”.

O pasado 20 de xullo, a Xunta de Goberno acordou a ampliación da zona 7 de aparcamento de residentes (San Lourenzo), con 39 novas prazas. Delas, 12 sitúanse na rúa de Salvador Allende, no seu tramo final fronte ao colexio Raíña Fabiola. O 10 de agosto abriuse o prazo de solicitude das tarxetas de aparcamento, para a veciñanza de rúa das Hortas, Calzada do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Entregaleras e Galeras (entre os números 2 e 32). 

Para o concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro, “excluír aos residentes de Salvador Allende do reparto de tarxetas supón unha clara discriminación destes veciños e veciñas”. O edil lembra que  os edificios desta rúa foron construídos nos anos 90, e moitos dos pisos non teñen praza de garaxe asociada, “polo que non hai diferenzas entre estes veciños e veciñas e os que viven en calquera outro dos puntos da zona de residentes 7”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMP08TELA ABERTA PARA AMPLIAR A ZONA VERDE DE ESTACIONAMENTO Á VECIÑANZA DA RÚA PRESIDENTE SALVADOR ALLENDE

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo