Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

Compostela Aberta trasladoulle hoxe o seu apoio aos traballadores do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria, que veñen de convocar unha folga a partir do próximo día 15. María Rozas e Xan Duro mantiveron esta tarde unha xuntanza co comité de empresa de Urbaser, que incidiu en que as súas reclamacións non son novas, e o Goberno de Bugallo segue manténdose na inacción dos últimos meses”.

María Rozas explicou que o presidente do comité de empresa deu conta dos motivos da folga indefinida convocada hoxe que, salienta, “non tén motivos económicos, senón que atende ao incumprimento doutras cuestións consolidadas desde hai moitos anos, como a conciliación, as rotacións, ou mesmo a falta de medios materiais”. O persoal de Urbaser reiterou o seu malestar co Goberno local, “que segue sen mediar no conflito, despois de moitos meses de denuncias que mesmo chegaron ao Pleno da Corporación”

A portavoz de CA pediulle ao Goberno “que atenda as súas competencias, porque o da recollida do lixo é un servizo municipal e é a súa obriga garantir que se cumpra o contrato, que leva máis dun ano en vigor, e que se respecten os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras”. Para María Rozas, “o alcalde debera dedicar menos  tempo a enviarlle cartas propagandísticas á veciñanza para falar de supostas melloras no contrato, e máis tempo a garantir a calidade do servizo do lixo”

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo