DEBATE NA USC

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago
  • María Rozas confirma que CA rexeita a construción dun aparcamento soterrado no Campus Vida “porque iso é incoherente con querer eliminar vehículos da zona universitaria”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeuse a impulsar un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro a estudantes, “para frear as dificultades ás que se enfronta a poboación universitaria para atopar pisos en bo estado e a prezos asequibles”. María Rozas participou onte no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago, no que quedou de manifesto que “a vivenda e a mobilidade son dous dos principais retos de futuro da nosa cidade, e son tamén dous dos problemas que máis preocupan na comunidade universitaria”. A cabeza de lista de CA reivindicou “o camiño iniciado polo Goberno de Compostela Aberta para regular os pisos turísticos e dese xeito facilitar que se incremente a oferta de vivendas para o alugueiro tradicional”, pero advertiu que “segue sendo necesaria a implicación das administracións, da municipal pero sobre todo da Xunta, que é quen tén as competencias en materia de vivenda e leva anos sen atender as necesidades da capital galega”.

María Rozas incidiu en que “o problema do acceso á vivenda non é novo en Santiago, e se anos atrás sufrimos a expulsión de moitas familias a concellos limítrofes polos elevadísimos prezos, agora son tamén os universitarios os que se enfrontan a numerosas dificultades para atopar pisos de alugueiro”. A candidata de CA mostrouse convencida de que a regulación dos pisos turísticos terá efectos positiva para conter esta tendencia, e comprometeuse a impulsar no próximo mandato novas medidas como a posta en marcha dun Plan de Rehabilitación de Vivendas para seren alugadas a estudantes. Rozas explicou que o obxectivo é que a administración pública subvencione a rehabilitación de vivendas, para que estas sexan destinadas ao alugueiro para estudantes a prezos regulados, coa posibilidade de que fiquen libres do alugueiro nos meses de verán. 

A concelleira explicou que este programa podería ser xestionado a través da empresa municipal de vivenda Emuvissa, “que Bugallo prometeu recuperar neste mandato pero que segue agardando, e que tamén debe volver impulsar a construción de vivenda para a súa venda a prezos taxados inferiores do mercado e para o alugueiro social como se fai noutros concellos do Estado”. Todo iso, sinalou María Rozas, “debe ir acompañado da necesaria presión á Xunta para que asuma as súas competencias e retome a construción de vivenda protexida en Santiago, despois dunha década en branco”.

Alugueiro de bicicletas

En materia de mobilidade, a candidata de Compostela Aberta anunciou a creación dunha rede de bicicletas públicas eléctricas, “na que se preverán tarifas especiais para a comunidade universitaria, para facilitar os seus desprazamentos e contribuir, deste xeito, á eliminación de coches nas áreas universitarias”. Nesa liña, María Rozas tamén apoiou a conexión dos dous campus universitarios mediante unha rede de carrís bici, “pero carrís bici ben planificados e ben executados, non coma os que fixo este Goberno en Clara Campoamor ou no Hórreo”.

María Rozas reiterou a oposición de Compostela Aberta á construción de aparcamentos soterrados no Campus Vida “porque iso é incoherente coa necesidade de eliminar vehículos na zona universitaria e coas directivas europeas que obrigan a limitar a presenza de coches nos centros urbanos, e porque hai outras alternativas na contorna ds Campus”. Ademais, insistiu en que calquera aposta por unha mobilidade sostible “debe ir acompañada dun modelo de transporte público con mellores liñas e mellores frecuencias, tal e como propoñía Compostela Aberta no pasado mandato”. Nese sentido lamento que Bugallo siga sen informar á veciñanza e aos grupos da oposición de cal é o seu modelo para o novo contrato de autobuses que pretende licitar nas próximas semanas, “se ben onte, despois de negalo durante todo o mandato, recoñeceu que o Goberno de CA deixara un traballo adiantado que se manterá nos pregos”.

Por último, a candidata de Compostela Aberta comprometeuse a impulsar unha comisión de coordinación entre o Concello e a Universidade “coa participación de todos os grupos da corporación, que será o órgano que defina as liñas de traballo entre ambas institucións, que teñen que traballar da man e en continuo diálogo para solucionar moitos asuntos comúns pendentes como a humanización do Campus Sur, para avanzar no uso partillado de equipamentos, e para seguir impulsando a transferencia de coñecemento desde a USC”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo