Compostela Aberta adhírese ao manifesto “Eólica, así non!” e chama á participación á mobilización convocada para mañá en Santiago

A marcha que solicita a paralización dos proxectos eólicos en tramitación partirá ás 12.00 horas da Alameda, co apoio de máis de 130 colectivos ecoloxistas, sociais e culturais

 Compostela Aberta vén de adherirse ao manifesto “Eólica, así non!”, impulsado por máis de 20 colectivos e plataformas ecoloxistas, sociais, culturais, veciñais e sindicais, e que conta co apoio de máis dun cento de entidades de toda Galicia. CA fai un chamado á participación na manifestación convocada para mañá, na que se vai demandar a paralización dos proxectos eólicos que están en tramitación. A marcha partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago, e finalizará na Praza do Obradoiro coa lectura do manifesto.

Compostela Aberta respalda a petición da derrogación do Plan Sectorial Eólico, así como das leis de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de simplificación administrativa que, como sinala o maniffesto, “representan un atropelo contra a participación pública e a preservación do medio, o patrimonio e a paisaxe”. Nesa liña, o manifesto “Eólica, así non!” denuncia que a Xunta concibe e permite a implantación eólica cun modelo que se basea “na desregulamentación legal, o abuso das empresas enerxéticas ás poboacións afectadas, a destrución de patrimonio público e colectivo, e intereses de carácter privado e especulativo”.

CA xa tén levado ao Pleno da Corporación unha proposta para instar ao Parlamento de Galicia a aprobar un novo marco normativo para unha transición enerxética xusta e democrática, comezando pola aprobación dun novo Plan Eólico baixo os parámetros de sustentabilidade, participación pública, participación cidadá e preservación dos valores paisaxísticos, ambientais e sociais. Foi no marco dunha moción xenérica para instar ao Parlamento e á Xunta a manter e ampliar as garantías lexislativas ambientais e a transparencia e acceso á documentación pública das iniciativas empresariais galegas, que foi aprobada no Pleno de decembro de 2020 cos únicos votos en contra do PP.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo