Compostela Aberta alerta da posible demora no inicio das actividades da rede de Centros Cívicos

  • O Goberno vén de iniciar a licitación de dous programas que deberan comezar no mes de outubro
  • CA lamenta a resposta do Goberno á pregunta formulada sobre a aparición da exValedora do Pobo nos Fogos do Apóstolo, que contrasta coas valoracións feitas polo PSdeG sobre a figura de Milagros Otero

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta no Pleno de setembro sobre a posible demora no comezo das actividades da rede de Centros Cívicos. O grupo municipal advirte que o Goberno vén de iniciar a licitación de dous dos programas anunciados para outubro, e “cos prazos habituais dos procedementos administrativos semella imposible que as actividades arranquen no próximo mes, tal e como consta nos pregos”.

Coa pregunta rexistrada hoxe, Compostela Aberta pide información sobre a posta en marcha das actividades do proxecto pedagóxico “Teatro Comunitario” e do programa de saúde “Paso a Paso”, que forman parte da programación trimestral da rede de Centros Cívicos presentada polo concelleiro delegado o pasado 3 de setembro. Días despois, o perfil do contratante publicaba o inicio de licitación dos dous servizos. No caso do servizo de saúde “Paso a Paso”, o anuncio recolle que o prazo para a presentación de ofertas remata o 23 de setembro, mentres que para a licitación do servizo de desenvolvemento do proxecto pedagóxico “Teatro Comunitario” ese prazo finaliza o 20 de setembro. Así as cousas, o grupo municipal de CA reclámalle ao concelleiro responsable que explique se xa tén informado ás persoas usuarias da posible demora no inicio das actividades, e que aclare se haberá algunha medida compensatoria no caso de atrasos nas actividades para as que as persoas inscritas teñan abonada unha cota de inscrición.

Pregunta sobre os ceses en Centros Cívicos

Tamén relacionado coa área de Centros Cívicos, o Goberno non atendeu aínda á pregunta rexistrada o pasado 19 de agosto, para a súa resposta por escrito, sobre o cese das persoas responsables de supervisar o contrato coa empresa Ferrovial para a xestión da rede. Nela, Compostela Aberta pedíalle ao Executivo do PSOE que explicara se tiña constatada algunha deficiencia no labor desenvolvido pola técnica e polas dúas persoas de apoio que asumiran esa función en outubro de 2018, e como se tiña garantido o correcto cumprimento do contrato desde os ceses, o 31 de xullo. Tamén se preguntaba polas condicións do nomeamento do novo responsable do contrato, técnico municipal vinculado á área de Relacións Veciñais e responsable da rede de Centros Cívicos nos anos nos que se produciron sentenzas contrarias aos intereses do Concello por cesión ilegal de traballadores.

Pregunta sobre os Fogos do Apóstolo

Compostela Aberta vén de recibir a resposta á pregunta rexistrada sobre a proxección da imaxe da exValedora do Pobo, Milagros Otero, no espectáculo dos Fogos do Apóstolo. Nela, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, limítase a sinalar que “o Goberno non considera oportuno censurar un espectáculo no que se homenaxeaba a Rosalía de Castro e a outras mulleres relevantes na historia de Compostela”. O edil engadía que “estráñanos esta pregunta de Compostela Aberta. Desde o Grupo Municipal favorecemos, sempre, a defensa da creación, produción e distribución dos bens culturais, sen ningún tipo de censura, salvo que esta inclúa elementos contrarios á lei e á convivencia, que non é o caso que fai referencia a pregunta”.

Compostela Aberta mostra a súa sorpresa pola resposta, na que o concelleiro non aclara se era ou non coñecedor da lista de mulleres homenaxeadas, e se o Goberno solicitou que se retirara dela á exValedora do Pobo, habida conta de que Milagros Otero cometeu desvío de poder tal e como probou unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a obrigou a renunciar ao seu cargo. O grupo municipal de CA lamenta que o Goberno do PSOE considere que Milagros Otero merece formar parte da lista de “mulleres relevantes na historia de Compostela”, unha posición que contrasta coa manifestada polo PSdeG a través dun comunicado o 23 de xullo, o día antes da proxección dos Fogos do Apóstolo, no que sinalaba que “a caída de Milagros Otero como Valedora do Pobo é a victoria da presión pola limpeza e a rexeneración fronte ao enchufismo que Feijóo amparou durante un ano pese ás sentenzas”, e no que o secretario xeral dos socialistas galegos lamentaba que a institución da Valedora do Pobo quedara “empañada pola corrupción”.

Podes ler AQUÍ a resposta do Goberno á pregunta sobre os Fogos do Apóstolo

Podes ler AQUÍ a pregunta de CA sobre a posible demora nas actividades dos Centros Cívicos

 

Novas
relacionadas

CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

María Rozas: “Queremos que nos aclaren se están en risco fondos europeos para Obras, como recoñeceu Bugallo ao inicio da crise do seu Goberno”

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana a solicitude de comparecencia do novo concelleiro de Obras para que explique as súas prioridades á fronte do departamento e os prazos que manexa para a execución das actuacións pendentes

Compostela Aberta urxe ao Goberno de Bugallo a adoptar medidas para impedir o paso de camións de gran tonelaxe cara a canteira de Miramontes

O concelleiro Xan Duro explica que unha sentenza do Tribunal Supremo confirma a legalidade da resolución adoptada no pasado mandato polo Goberno de CA

CA volve reclamar a implantación da taxa turística “despois de que varios membros do Goberno local se pronunciaran a favor dese imposto”

Marta Lois e María Rozas levarán unha proposición ao Pleno para “instar á Xunta a habilitar a taxa e ao Concello a estudar un gravame para excursionistas”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo