Compostela Aberta insta ao Pleno a pedir a devolución das comisións abusivas cobradas por Abanca

María Rozas lamenta que “a entidade bancaria rescatada con fondos públicos cobre comisións ás persoas con contratos máis básicos, e en plena crise da Covid-19”

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo xoves unha moción para instar á Corporación municipal a mostrar o seu rexeitamento ás comisións que vén de cobrar Abanca a moitos dos seus clientes, e que motivaron mobilizacións en varias cidades e vilas de Galicia, entre elas Santiago. A concelleira María Rozas lamentou “os cobros abusivos por parte dunha entidade bancaria que foi rescatada con fondos públicos de todos os galegos e galegas, e que está a obter beneficios millonarios”.

Tal e como se recolle na moción, Abanca realizou cargos nas contas dos seus clientes no pasado mes de xuño, “despois de mudar a súa política de comisións bancarias de forma unitateral e notificándoo tan só a través do correo elecrónico ou do correo interno da app da entidade”. María Rozas explicou que “moita xente non se enterou dos cambios nas políticas de comisións ata atopar nas súas contas un cargo de 50 euros por semestre, 42 euros por unha comisión de mantemento e outros 8 por gastos de administración”. A concelleira lamentou que “a entidade elixiu para o cobro destas comisións precisamente os contratos máis básicos, con nómina moi baixa ou sen ela, e por riba optou por aplicar este cambio en plena pandemia da Covid-19, demostrando unha absoluta falta de sensibilidade”.

Entidade rescatada con diñeiro público e con beneficios millonarios

María Rozas apuntou que, con esta moción, “Compostela Aberta apoia as mobilizacións de clientes de Abanca que se veñen producindo en diferentes puntos do país, tamén en Santiago, así como a campaña que se puxo en marcha en Change.org, e a través da que se recolleron máis de 150.000 sinaturas para esixir a través do Banco de España a devolución das comisións ás persoas afectadas”. A concelleira lamentou, ao respecto desta campaña, que o Banco de España “se posicionara a favor de Abanca e non dos milleiros de clientes afectados por estes cobros abusivos”. Para a edila de CA, “é especialmente grave que estes cobros procedan dunha entidade bancaria que foi rescatada con 9.000 millóns de euros de fondos públicos de todas as galegas e galegos, nun proceso opaco de fusión e venda, no que a Xunta de Galicia segue ocultando documentación malia a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle obriga a transparentala”. Ademais Rozas incidiu en que “Abanca vén de obter uns beneficios nos primeiros tres meses do 2020 de 127 millóns de euros netos”.

A moción que se debaterá no Pleno do xoves tén como obxectivo trasladar a Abanca o rexeitamento da Corporación municipal á  aplicación de comisións e gastos abusivos sobre as contas correntes; mostrar a solidariedade do Pleno coas persoas afectadas, e solicitarlle á entidade financeira a devolución das comisións xa cobradas e a súa eliminación no futuro.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ASERTA PARA MANIFESTAR O REXEITAMENTO DO PLENO DE SANTIAGO AS COMISIÓNS ABUSIVAS DE ABANCA

Arquivado en:maría rozasPleno
Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo