Compostela Aberta pide a bonificación no IBI dos centros socioculturais propiedade de asociacións veciñais

María Rozas lembra que o Goberno de CA deixara preparada unha modificación da ordenanza que regula o Imposto de Bens Inmobles “que  no actual contexto se fai máis urxente”

 Compostela Aberta pedirá no Pleno da próxima semana que o Goberno local bonifique o IBI dos locais dos centros socioculturais que son propiedade de asociacións veciñais, e que son utilizados polo Concello para desenvolver diferentes actividades. A concelleira María Rozas lembra que, ao remate do pasado mandato, CA tiña avanzada unha proposta para a modificación das ordenanzas fiscais, que comtemplaba esa bonificación de ata o 95%.

En Santiago existen varios centros socioculturais que son propiedade das asociacións veciñais dos barrios ou parroquias nos que se atopan, que lle ceden o seu uso ao Concello para desenvolver neles diferentes actividades.Son, polo tanto, eses colectivos veciñais os que asumen importantes gastos vinculados aos locais, como o pago do IBI ou o mantemento e servizos indispensables como a auga ou a luz. María Rozas explicou que ao longo do pasado mandato, “o Goberno de Compostela Aberta traballou na procura de solucións que compensaran as asociacións veciñais por eses gastos, que para moitos colectivos son difíciles de asumir, e máis nos momentos actuais”. A concelleira explicou que unha das solucións que se atopou foi “subvencionar unha maior parte de gastos de mantemento ás aspciacións titulares dos inmobles nos que se desenvolven actividades para a veciñanza, e así se tratou de introducir nas bases da convocatoria de subvencións para asociacións veciñais”. María Rozas apuntou que “tras o cambio de Goberno, esa modificación prevista por CA non foi introducida na convocatoria de 2019, pero sí na de 2020, incrementando o importe dos gastos a subvencionar ata os 5.001 euros”.

Bonificación do IBI

Tal e como explicou María Rozas, “Compostela Aberta é consciente de que esa compensación a través das subvencións é insuficiente, e por iso tiñamos tamén preparada unha proposta de modificación das ordenanzas fiscais para a bonificación do IBI dos locais socioculturais que son propiedade da veciñanza”. Esa bonificación, apuntou, “sería conforme ao artigo 74.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e contemplaría unha bonificación do ata o 95% da cota íntegra do imposto”.

A concelleira pediulle ao Goberno “que contemple a modificación da ordenanza que regula o Imposto de Bens Inmobles, na liña na que xa estaba previsto ao remate do anterior mandato, tal e como coñecen no departamento municipal de Facenda”. Para Rozas, “agora é máis urxente que nunca axudar ás asociacións veciñais que son titulares destes centros, porque desa axuda poderían deponder a continuidade das actividades que se desenvolven neses locais”.

A bonificación do IBI nos locais socioculturais de propiedade veciñal beneficiaría as asociacións veciñais da Casa Agraria de Meixonfrío, Aríns, Vista Alegre e A Gracia.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ASERTA PARA BONIFICAR O IBI DOS LOCAIS DOS CENTROS SOCIOCULTURAIS PROPIEDADE DAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS QUE CEDEN O SEU USO DE FORMA GRATUITA AO CONCELLO.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo