Compostela Aberta reclama acceso aos informes sobre a licitación da auga que Bugallo lle nega á oposición

CA lembra que o Goberno debe facilitar a labor de fiscalización e lamenta que Bugallo afirme que só entregará a documentación se se crea a comisión baleirada de contidos que el propón
  • O Goberno encargou a comezos de ano dous informes sobre a licitación do servizo, nos que gastou máis de 36.000 euros

Compostela Aberta vén de rexistrar unha solicitude de acceso aos informes que tén encargados o Goberno do PSOE en relación á licitación do servizo de abastecemento de auga e saneamento, unha vez que o alcalde volveu ratificar no Pleno de onte que non contempla outro escenario que non sexa o dun contrato a 25 anos. O grupo municipal de CA quere coñecer tanto os estudos aos que se referiu o propio Bugallo na sesión de onte, como os derivados dos contratos menores que tén aprobado o Goberno no que levamos de ano.

No Pleno de onte, o alcalde fixo referencia á existencia de dous documentos: un estudo comparativo dos diferentes sistemas de xestión da auga, e un informe sobre a orde de prioridades de actuación na rede de subministro. Bugallo sinalou que esa documentación “só sería facilitada no caso de constituirse a comisión da auga”, que o alcalde quere limitar a un órgano de debate sobre os investimentos que serán precisos na rede, ao abeiro da concesión do servizo de abastecemento e saneamento a unha empresa privada.

Falta de transparencia de Bugallo

No Pleno de onte, o alcalde afirmou que os informes “só se teñen que facilitar unha vez que o expediente se abra ao público”, e sinalou que os citados estudos só se lle achegarían á oposición no caso de constituirse a comisión da auga. Compostela Aberta lembra que o artigo 18 do regulamento orgánico municipal do Concello de Santiago sinala que “no exercicio das funcións de control e fiscalización dos órganos de goberno, os concelleiros e concelleiras poderán solicitar a información que estea nos servizos municipais mediante escrito dirixido ao alcalde ou alcaldesa ou, se existise delegación expresa, ao órgano do Equipo de Goberno competente para a tramitación das peticións de información”, e engade que “en todo caso, a resolución denegatoria deberá ser motivada e conterá as razóns fundadas en dereito que impidan facilitar a información solicitada” 

Ademais deses dous informes aos que se referiu Bugallo no Pleno de onte, o grupo municipal de Compostela Aberta pide acceso a outros dous estudos que foron contratos polo Goberno local no primeiro trimestre do ano. O primeiro deles é un “anteproxecto de explotación, pregos e outros documentos para o novo contrato do ciclo integral da auga”, contratado en febreiro por un importe dalgo máis de 18.000 euros; e o outro un “Plan de necesidades do novo contrato do ciclo integral da auga a nivel anteproxecto”, contratado no pasado mes de marzo, tamén por algo máis de 18.000 euros.

Compostela Aberta levou ao Pleno de onte unha moción para reclamarlle ao alcalde a creación da comisión que se encargue de estudar o modelo máis eficiente para a xestión da auga, tal e como se acordara no Pleno do pasado mes de xuño, e tal como o propio Bugallo se comprometeu en Xunta de Voceiros. A proposta saiu adiante cos votos a favor do PP e do BNG, e o PSOE volveuse abster, se vén o alcalde deixou claro que non creará a comisión nos termos nos que estaba acordado pola Corporación municipal.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo