Compostela Aberta reclama “máis axilidade para pechar a modificación do PXOM en Peleteiro”

  • Hoxe cúmprense 24 días desde que CA anunciou que viabilizaría a operación, despois do compromiso de que a praza abrirá 20 metros cara República Arxentina “que ainda non vimos concretizado en ningún documeno”
  • Marta Lois lembra que o alcalde anunciara que “a modificación do PXOM iría ao Pleno extraordinario celebrado esta mañá, e non temos ningunha explicación de por que finalmente non foi así”

Compostela Aberta reclamoulle ao Goberno de Bugallo “máis axilidade na tramitación da modificación do PXOM no ámbito do vello colexio Peleteiro, porque xa pasaron 24 días desde que anunciamos un acordo que a día de hoxe segue sen estar plasmado en ningún papel que o noso grupo coñeza”. A portavoz municipal, Marta Lois, lembrou que “a vontade expresada polo alcalde era que o tema quedara resolto no Pleno extraordinario celebrado hoxe, pero finalmente non se introduciu na orde do día e non sabemos cales foron os motivos”. Para a concelleira, “é evidente, unha vez máis, que calquera atraso na xestión dese modificación non é imputable a CA, porque a nosa posición é coñecida desde hai máis de tres semanas”.

Marta Lois lembrou que o pasado 24 de maio, Compostela Aberta anunciou que apoiaría a modificación do PXOM no ámbito do vello Peleteiro, despois de que o Goberno e a propiedade asumiran o compromiso de que a praza pública da parcela tería unha abertura de 20 metros cara a República Arxentina. A portavoz de CA recoñeceu que “a día de hoxe empezamos a estar preocupadas, porque o certo é que non vimos ningún documento nin ningún plano que ratifiquen ese compromiso, e tampouco sabemos cales son os motivos polos que ese expediente non foi debatido no Pleno de hoxe, tal e como anunciara o propio alcalde”. Lois incidiu en que “unha vez máis Bugallo incumpre os seus propios prazos para desbloquear a operación Peleteiro, esa que ía ter acordada nos tres primeiros meses de mandato e que tres anos despois segue sufrindo demoras que non parecen xustificadas”. A portavoz de Compostela Aberta recoñeceu que “nos últimos días empezamos a percibir certa intranquilidade no tecido veciñal do Ensanche, e o certo é que non temos ningunha explicación nin coñecemos se se vai respectar o acordado verbalmente na última reunión co Goberno e coa propiedade”-

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo