Compostela Aberta reclama unha maior difusión das prestacións municipais de pobreza enerxética “para que esta ferramenta non siga infrautilizada”

  • María Rozas considera “difícilmente explicable que nos dous últimos anos, en plena crise, se concederan a metade de axudas deste tipo que en 2018”

A concelleira de Compostela Aberta María Rozas reclamou hoxe a posta en marcha dunha campaña de difusión e información sobre as axudas de rescate social previstas na Ordenanza de Garantía Básica, e máis en concreto da prestación de habitabilidade e pobreza enerxética. Para a edila, “é incomprensible que nos dous últimos anos, nun contexto de importante crise económica e social, se concederan moitas menos axudas deste tipo que en 2018”. Para Rozas, “o Goberno debe avaliar que está acontecendo con estas prestacións, porque é evidente que son máis necesarias que nunca e urxe coñecer os motivos polos que a poboación non está recorrendo a elas”.

María Rozas, que preguntará no próximo Pleno por esta cuestión, explicou que a Ordenanza de Garantía Básica aprobada durante o pasado mandato contempla varias prestacións económicas de carácter extraordinario e puntual, destinadas a atender siuacións de emerxencia. Entre elas atópanse as de habilitabilide e pobreza enerxética, “para atender débedas por subiministro de luz e/ou gas que procedan dun impagamento puintual, ou gastos asociados a altas de contratos de subministración enerxética dunha nova vivenda, e que poden chegar a cubrir o 100% deses gastos”. Estas prestacións, salientou a concelleira, “son compatibles con outras como a RISGA ou o Ingreso Mínimo Vital, e polo tanto o aumento na concesión destas axudas ás que adoita referirse a concelleira de Políticas Sociais non xustifica que non se estean a conceder as prestacións municipais de pobreza enerxética”.

Para María Rozas, “é difícil de entender que no ano 2018 se concederan 21 prestacións de rescate social de habilitabilidade e pobreza enerxética, e que no ano 2020, no máis duro da pandemia da Covid, só se concederan 11”. A situación non mellorou en 2021, “e a 30 de novembro dese ano só se tramitaran 7 axudas deste tipo”. A concelleira de CA lembrou que “estamos nun contexto de crise económica e de fortes subas da factura eléctrica, e iso fai ainda máis incomprensible a evolución que tivo a concesión destas prestacións”. Por iso, Rozas pedirá no Pleno que o Goberno explique estes datos, e que dea conta das campañas de difusión e información que ten previsto poñer en marcha para que a poboación compostelá sexa coñecedora destes recursos que tén ao seu dispor.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE AS PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL DE POBREZA ENERXÉTICA DA ORDENANZA DE GARANTÍA BÁSICA

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo