Compostela Aberta volve urxir ao Goberno a convocar as axudas de Cooperación ao Desenvolvemento

A concelleira María Rozas lamenta que “entrando xa no último trimestre deste ano nada se saiba das axudas, que o Goberno do PSOE tampouco convocou en 2019 e 2020”

Compostela Aberta urxe ao Goberno local a publicar de inmediato a convocatoria de axudas de Cooperación ao Desenvolvemento, “porque entrando no último trimestre do ano todo apunta a que 2021 será o terceiro ano consecutivo sen estas subvencións”. A concelleira María Rozas lembrou que “CA xa pediu en agosto que se axilizaran os trámites, pero o equipo de Bugallo e, neste caso o edil Sindo Guinarte, opta por facer oídos xordos ás nosas peticións e, o que é máis grave, por ignorar á Coordinadora Galega de ONGDs”.

María Rozas explicou que os orzamentos de 2021 prevén 220.000 euros para a convocatoria de axudas de Cooperación ao Desenvolvemento, que o Goberno de Bugallo deixou sen convocar en 2019 e 2020, malia a estaren contempladas nas contas. A concelleira de Compostela Aberta lamentou que “estamos no mesmo punto no que estabamos o ano pasado, porque en outubro de 2020 tamén levamos un rogo ao Pleno reclamando unha convocatoria que finalmente non se chegou a producir, e nesta ocasión advertimos do atraso xa en agosto e desde entón non tivemos noticias da convocatoria”.

Preocupación na Coordinadora Galega de ONGDs

Rozas trasladou o malestar da Coordinadora Galega de ONGDs, “que non tivo máis noticias por parte do Goberno sobre cando e como se fará a convocatoria”. A concelleira pediulle ao concelleiro Sindo Guinarte que aclare se finalmente haberá ou non subvencións neste 2021, e insistiu en que “no caso de convocalas, débense estimar uns prazos realistas para a execución dos proxectos”. A concelleira de CA explicou que “o Goberno debe permitir que os proxectos que opten ás axudas poidan ser xustificados máis alá de 2021, porque doutro xeito será totalmente imposible que se poidan executar”. 

As axudas de Cooperación ao Desenvolvemento foron creadas no pasado mandato, en 2017. En 2018, a estas subvencións destináronse 120.000 euros, que permitiron que ONGs como Manos Unidas, Asemblea de Cooperación pola Paz ou a Fundación Vicente Ferrer puxeran en marcha proxectos en países como India, Guatemala ou Salvador. Con esta convocatoria, o Goberno de CA pretendía cumprir o compromiso asinado en 1999 polo que se aprobaba destinar o 0.7% do orzamento municipal para Cooperación ao Desenvolvemento.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo