Encontro Temático “Compostela Aberta á Lingua”

 
aberta-a-lingua
No próximo día 9 de abril de 2015, ás 20:00hrs e no Hotel Virxe da Cerca (Rúa da Virxe da Cerca, 27) de Santiago de Compostela terá lugar un Encontro Temático titulado “Compostela Aberta á Lingua”.
Desde Compostela Aberta, gustaríanos convidar a participar deste Encontro aberto a cidadanía e os axentes sociais que traballan na promoción da lingua galega no noso concello. Nese sentido, encantaríanos partillar un espazo no que trocarmos ideas, experiencias e opinións, orientadas todas a aqueles aspectos e medidas que desde o concello deberían dinamizarse ou implementarse para mellorar a situación da lingua galega no concello compostelán.
Compostela Aberta ten entre os seus principios a defensa da lingua, da cultura e do patrimoio galegos. As políticas que poida impulsar pretenden recoller as reflexións elaboradas polo movemento normalizador do galego.

Arquivado en:galegoLingua
Novas
relacionadas

XELA ARIAS, compromiso social e ollar feminista

Poetisa, tradutora, multifacética e inconformista. Neste 17 de maio celebramos as letras galegas e á autora homenaxeada neste ano 2021: a escritora Xela Arias (1962-2003).

Ricardo Carvalho Calero: o autor que quixo desconfinar a nosa lingua

Compostela Aberta tén manifestado o seu apoio á petición para que a Real Academia Galega traslade a 2021 a homenaxe ao autor no Día das Letras Galegas

CA pídelle á USC que rectifique e que incorpore mulleres no seu ciclo de diálogos sobre a Covid-19

Compostela Aberta lamenta tamén que a Universidade de Santiago obvie a súa obriga estatutaria de utilizar o galego nas súas comunicacións

Compostela Aberta presenta unha nova coordinadora “plural, de consenso, e con vontade de darlle un novo pulo á organización”

Martiño Noriega e Marta Lois exercerán a portavocía do órgano, que “traballará para seguir tecendo rede en Santiago e demostrar que CA chegou para quedar” 

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo