Ricardo Carvalho Calero: o autor que quixo desconfinar a nosa lingua

Compostela Aberta tén manifestado o seu apoio á petición para que a Real Academia Galega traslade a 2021 a homenaxe ao autor no Día das Letras Galegas

Neste 17 de maio, Compostela Aberta súmase á lembranza a Ricardo Carvalho Calero, o autor ao que se lle dedica este atípico Días das Letras Galegas. Foron vinte anos de espera para que a Real Academia Galega decidira que Carvalho Calero merecía esta homenaxe, e chégalle no medio dunha crise sanitaria que nos mantén a todas confinadas e sen posibilidade de facer actividades á altura do autor. Unha celebración confinada, para un intelectual que quixo “desconfinar” a nosa lingua: “O galego, como dizia Castelao, é um idioma extenso e útil, porque com pequenas variantes se fala em diversos lugares de distintos continentes”( Evoluçom histórica da língua galega, em Letras galegas, 1984, AGAL, p. 31)

Merecemos un Ano Carvalho Calero

Compostela Aberta tén manifestado o seu apoio á petición que se vén formulando desde diferentes colectivos para que a Real Academia Galega traslade a 2021 a homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas, para garantir que se poidan desenvolver ao longo do próximo ano todos eventos e actividades que tiveron que ser suspendidos por mor da crise da Covid-19. Santiago ía ser unha cidade clave nas actividades relacionadas co autor, pola súa estreita relación coa nosa cidade na que viviu parte da súa vida. O Concello de Santiago tiña previsto colaborar en parte desa programación, que quedou en suspenso tras a declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus, e por iso o grupo municipal de CA procurará que o Pleno da Corporación se manifeste a favor de que o 2021 sexa o Ano Carvalho Calero.

Carvalho Calero é unha figura fundamental para entender a recuperación cultural e a dignificación do galego na segunda metade do século XX. Licenciouse en Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago, e en Compostela mantivo unha intensa actividade intelectual e política que o levou a participar na fundación do Partido Galeguista e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía da IIª República; e xa despois da guerra e de estar no cárcere durante a ditadura, en 1972 conseguiu por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear. Ademais, Carvalho Calero asinou unha importante obra como poeta, narrador e dramaturgo.

Novas
relacionadas

Xan Duro: “A concelleira de Deportes dá cada semana unha nova mostra de que non está á altura do cargo”

Marta Lois: “Os cortes de tráfico polas últimas obras executadas en Mazarelos demostran que non hai problemas técnicos para a peonalización da praza”

A portavoz de Compostela Aberta urxe ao Goberno a cumprir os acordos plenarios e a escoitar as demandas da veciñanza e das Facultades de Filosofía e Xeografía e Historia

Marta Lois: “A prepotencia de Bugallo non pode ocultar unha pasividade que pón en risco o proxecto do biopolo da Sionlla”

Compostela Aberta, BNG e PP presentan unha proposición conxunta para reclamar unha comisión de seguemento que avalíe a presumible falta de dilixencia do Goberno na tramitación do proxecto

Marta Lois: “O alarmante incremento dos delitos sexuais obriga a impulsar, tamén desde o local, accións concretas e estendidas ao longo do ano”

A portavoz de CA pedirá no Pleno a posta en marcha de campañas de sensibilización e prevención, a activación da APP Alerta Lila, e melloras de sinalización e iluminación do espazo público, como vén demandando o colectivo Campus do Medo

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo