María Rozas: “Bugallo tardou demasiado en cesar ao concelleiro de Centros Socioculturais, e debe explicar por que o fai pola porta de atrás”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lembra que “a xestión de Javier Fernández leva moitos meses sendo cuestionada, e sobre el pesan graves acusacións de acoso laboral que o alcalde ignorou”

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle hoxe ao alcalde que explique públicamente cales son os motivos do cese de Javier Fernández á fronte da concellería de Centros Socioculturais, publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia. Para María Rozas, “Bugallo debe aclarar que foi o que o levou finalmente a tomar esta decisión, despois de moitos meses desoíndo as queixas do persoal do servizo, ignorando as advertencias da oposición, e defendendo o indefendible nos Plenos da Corporación”. Para a concelleira de CA, “que o edil sexa apartado do departamento é unha boa noticia, pero o sorprendente é que esta medida sexa adoptada a seis meses das eleccións”.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de modificación de delegacións asinado polo alcalde, polo que lle retira as competencias de centros socioculturais a Javier Fernández en favor de Mercedes Rosón. No decreto, o alcalde xustifica a decisión na necesidade de darlle un novo pulo aos CSCs despois da pandemia e de mellorar a súa coordinación coa actividade cultural. Para a portavoz de Compostela Aberta, “é evidente que as razóns do cese de Javier Fernández son outras, e teñen máis que ver cunha nefasta xestión da que somos conscientes desde hai moitos meses”. María Rozas lembrou que “os traballadores de Centros Socioculturais levan desde o mes de abril nunha situación de folga intermitente e desde o comezo do conflito o concelleiro mantivo un comportamento inadmisible, que Bugallo avalou durante todo este tempo”. A concelleira lembrou que “o comité de empresa dos CSCs denunciou, mesmo policialmente, ao edil por abuso de poder e acoso laboral, e é sorprendente que Bugallo estivera calado todo este tempo, e adopte agora esta decisión a seis meses das eleccións municipais”. Para Rozas, “tamén é chamativo que o alcalde faga unha modificación na delegación das súas competencias e non rinda contas dos motivos, senón que opte por facelo pola porta de atrás, coa publicación no BOP de hoxe dun decreto que xa asinou o 14 de novembro”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo