María Rozas: “Levamos un mes agardando explicacións sobre o caso Desproi”

A portavoz de Compostela Aberta lembra que "foi o alcalde quen asinou o contrato, e tén a responsabilidade última do acontecido"

María Rozas lembroulle hoxe a Bugallo que “hoxe cúmprese un mes desde que CA denunciou este caso, e neste mes o Goberno segue sen responder ás preguntas que lle formulamos, segue sen dar todas as explicacións que lle debe á veciñanza”. Foi durante a comparecencia do alcalde no Pleno extraordinario, para dar conta do acontecido coa alugueiro dun inmoble a unha empresa da que era propietario o xa exconcelleiro José Manuel Pichel.

A portavoz municipal de Compostela Aberta sinalou que “é certo que Bugallo é o responsable último desta situación, non só por ser o alcalde senón porque foi el quen asinou o contrato, quen puxo a súa firma ao carón doutra persoa á que custa crer que non coñecera, e por iso a responsabilidade vai moito máis alá de Pichel”. Rozas tamén reiterou moitas das cuestións que seguen sen aclarar: por que desapareceu a sinatura do dimitido concelleiro da proposta para a aprobación do alugueiro cando sí estaba noutras partes do expediente, por que a directora da área de Benestar Ambiental se referiu a instrucións de alcaldía neste contrato, ou por que o traslado dos servizos municipais ao inmoble de Desproi se fixo antes de que estiva asinado o contrato”. Das preguntas que sí respondeu Bugallo, María Rozas destacou que “Bugallo recoñeceu que na visita á nave de Desproi participaron os entón concelleiros Mila Castro e José Manuel Pichel, e iso xéranos ainda máis preocupación e máis incertezas”.

María Rozas volveu lamentar a actitude “pouco transparente do Goberno e de Bugallo, que reaccionaron á denuncia de Compostela Aberta acusándonos de falta de honestidade, unhas declaracións polas que seguimos esperando desculpas”. Para a portavoz de Compostela Aberta, “se algo quedou claro despois de escoitar hoxe ao alcalde é que o acontecido co alugueiro de Desproi non foi só un erro do exconcelleiro Pichel, e por iso, o mellor que pode facer Bugallo, como xa lle dixemos, é remitir toda a documentación á Fiscalía”. Rozas incidiu en que “hai que aclarar todo o acontecido, hai que poñer luz e taquígrafos neste caso, porque hai que garantir a correcta xestión, sen corruptelas e sen favoritismos, dos fondos públicos”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo