O PSOE uniu os seus votos ao PP para bloquear a proposta de recuperación do Vello Peleteiro e paralizar a necesaria dinamización do Ensanche. Un novo veto desde que elixiron candidato para as Municipais xunto ao bloqueo dos orzamentos, do Plan Especial ou do proxecto da Finca do Espiño.
A proposta que bloquean agora procuraba dinamizar o Ensanche cun proxecto que recupera espazo público e substitúe o gran centro comercial planificado na época do propio Bugallo. Tamén planea construír unha gran praza, máis dun 20% de vivenda protexida, un centro de día.
Esta proposta está consensuada co tecido veciñal e empresarial do Ensanche interviron ao comezo do Pleno para pedirlle aos grupos que apoiaran a proposta. Aínda así, pesaron máis os intereses electoralistas da vella garda do PSOE.