Comunicado de apoio á veciñanza de Grixoa afectada polo vertedoiro de Miramontes

Compostela Aberta quere enviar todo o seu apoio ás veciñas e veciños afectadas polo Vertedoiro de Miramontes, sito na Parroquia compostelá de Grixoa. Como lle trasladamos ás veciñas, faremos o que estea nas nosas mans para acompañar as súas reivindicacións fronte á Xunta de Galicia. Precisamos que o Goberno de Núñez Feijoo asuma as súas responsabilidades e dea resposta e solución a este problema Medioambiental que está a afectar á convivencia da nosa veciñanza.

Queremos salientar o bo traballo que está a realizar o Goberno Municipal de Compostela Aberta, ante esta situación, situándose ao carón da nosa veciñanza. O  Alcalde de Santiago Martiño Noriega, e os Concelleiros de Medio Ambiente e Medio Rural Xan Duro e Rafa Peña, recibiron persoalmente as preocupacións e demandas das nosas veciñas de Grixoa, poñéndose a traballar dende o primeiro minuto para poder axudar a solventar a problemática, dentro das limitacións competenciais que ten o Concello nesta materia.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo