Víctor Ferreira e Comba Campoy pechan a lista de “Compostela Aberta” para as municipais

compostela_aberta_ao_deporte_web

  • Víctor Ferreira, empresario e concelleiro no primeiro goberno de Estévez: “non foi nada dificil voltar a activarme, porque xa pasou o tempo de votar en branco, xa pasou o tempo de absterse ou de votar co nariz fechado, agora non hai escusas, porque esta candidatura vale a pena”
  • Comba Campoy, xornalista, investigadora, actriz e activista: “sinto unha enorme responsabilidade por participar neste proxecto, tan entusiasmante, que procura un concello aberto á veciñanza e non só ao merchandising, como nos últimos anos”
  • A candidatura completa participará na festa -com sesión vermú- e xornada de portas abertas este sábado, 25 de abril, no local social de Compostela Aberta, a partir das 12h.

Santiago, 22.abril.2015.– Martiño Noriega cualificou a lista eleitoral de ‘Compostela Aberta’ como “unha excelente equipa de homes e mulleres que teñen en conta a necesidade da unidade popular para facer fronte á emerxencia social e cultural á que Santiago se está a ver sometido nestes últimos anos”. Foi durante unha intervención pública diante dos medios de comunicación, na que estivo acompañado de Comba Campoy e Víctor Ferreira, números 24 e 25 e que colocan “un peche de ouro à nosa lista”. Na comparecencia tamén presentou a festa con sesión vermú coa que se realizará a presentación pública de toda a candidatura alén de dedicar unha xornada de portas abertas do local social, situado na Praza do Toural.
Noriega lembrou o proceso de confección da lista de Compostela Aberta “no que escollemos un primeiro tramos nunhas primarias abertas cunha participación de máis de 1.500 persoas”, para posteriormente, a asemblea ter delegado na coordinadora a creación do tramos do número 16 a 25 e mais suplentes, referendado pola asemblea a través da ferramenta Loomio. “Sempre seguindo uns criterios de representatividade profesional e territorial para termos unha proposta á altura da exixencia que un Concello como Santiago merece” engadiu. Canto á festa, o candidato á alcaldía, sinalou que será “un xeito lúdico e festivo de dar a coñecer o local social, que contará con programación xa na próxima semana, e tamén a todas e todos os candidatos”.
“Somos conscientes da urxencia do momento histórico, mais tamén temos claro que non nos roubarán os sorriso” manifestou ao tempo que presentaba un cartaz que contará coas actuacións do DJ Túlio, Carlos Meixide, As Fillas Bravas (Chévere) e Miguel e Roi de Ataque Escampe. A festa comezará por volta das 12h, neste sábado 25 de abril, Dia da Liberdade.
Victor Ferreira e Comba Campoy
A xornalista, investigadora e actriz, Comba Campoy, foi a seguinte a tomar a palabra para manifestar como sentía “un grande orgullo por participar nunha lista que xera tanto entusiasmo na cidadanía” así como nela propia. “Penso que esta é unha proposta necesaria na nosa cidade, porque necesitamos recuperar a Compostela cultural de que nos sentiamos orgullosos” engadindo que “esta recuperación debe pasar por un novo xeito de facer as cousas no que tamén os creativos participen da xestión”. “Sinto tamén unha enorme responsabilidade por participar neste proxecto que procura un concello aberto á veciñanza e non só ao merchandising, como nos últimos anos” concluíu a tamén activista.
Pola súa parte, Victor Ferreira quixo agradecer “a Compostela Aberta que depositase a confianza nel, e que a súa intención non é a de ter unha presenza só simbólica, como cabe esperar de quen pecha unha lista, mais ter unha presenza moi activa”. “Despois de máis de 25 anos retirado da área política non foi nada difícil voltar a activarme, porque xa pasou o tempo de votar en branco, xa pasou o tempo de absterse ou de votar co nariz fechado, agora non hai escusas porque esta candidatura vale a pena” engadiu quen foi concelleiro de educación no primeiro goberno de Xerardo Estévez.
Continuando coa súa intervención Ferreira quixo aproveitar para facer unha forte defensa en favor dos traballadores do Concello “porque están a ser maltratados por este goberno actual” e “merecen todo o noso respecto porque son auténticos profesionais que están ao servizo da cidadanía e sempre dispostos a dar o seu mellor”. “Eu sei que Martiño Noriega será un excelente alcalde de Santiago porque partillamos esta mesma idea e porque sei que ten outras perspectivas como dar prioridade ao departamento de educación e ás súas políticas como xa ten demostrado” concluíu.
Lista completa de Compostela Aberta
1.- Martiño Noriega.
2.- María Rozas.
3.- Jorge Duarte Vázquez
4.- Branca Novoneyra
5.- Xan Duro
6.- Concha Fernández
7.- Manolo Dios
8.- Marta Lois
9.- Rafa Peña
10.- Noa Morales
11.- Bautista Vega
12.- Mabela Porta
13.- Miguel Penas
14.- Mari Luz López Pardal
15.- Manuel López Gómez (Akin)
16.- Marilar Aleixandre: naceu en Madrid en 1947, mas vive en Galiza desde 1973. Escolleu o galego como a súa lingua literaria. Veciña de Santa Marta, estudou Bioloxía, e durante máis de doce anos impartiu aulas de Ciencias Naturais. Na actualidade é profesora da USC no ámbito da Didáctica e das Ciencias da Educación.
17.- Chechu Yánez: 34 anos, ex-xogador de baloncesto e profesional do marketing. É editor da revista ‘SCQ Basket Magazine’, centrada na actualidade do CAB Obradoiro e do baloncesto local, en xeral.
18.- Flora Miranda: veciña das Fontiñas. Médica de familia vocacional, traballou no servizo de Urxencias, no 061, na Dirección Xeral de Saúde Pública e en Atención Primaria. Participa activamente na Plataforma pola defensa da Sanidade Pública, e é colaboradora docente da Facultade de Medicina da USC.
19.- Pepe Martínez: veciño do barrio da Almáciga, durante os últimos anos fixo parte activa da Asociación veciñal do seu barrio e foi membro do Consello de Relacións Veciñais. Traballador da empresa Televés, foi durante anos elixido polos seus compañeiros como delegado sindical. Sempre estivo ligado ao asociacionismo de base, ao nacionalismo e á esquerda.
20.- Teresa Banet: veciña do Ensanche. Nacida en Santiago, é filla e neta de arquitectos composteláns. Arquitecta especializada en urbanismo pola ETSAM, e na paisaxe urbana e xestión da cidade pola UOC. Ten recibido diferentes premios en deseño de parques urbanos. Premio nacional ACCES 2006 investigación e aplicación da accesibilidade.
21.- Alfonso Zarauza: nado en Santiago en 1973, é un recoñecido guionista e director de cine. Recentemente, a súa última longametraxe ‘Os Fenómenos’ recibiu o premio ao mellor filme nos XIII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Criouse no Ensanche e actualmente reside en San Pedro.
22.- Mónica García: Leva desde 1990 facendo teatro, tendo representado dúas ducias de obras até a actualidade. Aínda que con certa experiencia na publicidade, as áreas ás que máis se ten dedicado son o cinema e a televisión. Actualmente fai parte da compañía de teatro Chévere, que foi recentemente galardoada co Premio Nacional de Teatro.

23.- Ricardo Gurriarán:
veciño do Castiñeiriño. É licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid e desenvolve o seu labor docente no IES Xelmirez I de Santiago dende 1977. Por outro lado, tamén salienta o seu labor como historiador, sendo a persoa que investigou a historia do movemento estudantil nun ano chave como foi 1968 na nosa cidade.
24.- Comba Campoy: naceu en Compostela en 1979. Licenciouse en Xornalismo pola USC, onde traballa na actualidade como investigadora. Traballou como actriz en teatro e televisión, e escribiu varios guións. Desde 2008 impulsa a produtora, Tintimán Audiovisual. Promotora da ‘AC Morreu o Demo’ para a recuperación do títere tradicional galego. Participa en distintos movementos asociativos, fundamentalmente no feminismo e no activismo cultural. É socia da Gentalha do Pichel desde a súa fundación.
25.- Víctor Ferreira: Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Veciño de Santa Marta e empresario da comunicación gráfica. Foi concelleiro de educación de 1983 a 1989, no primeiro goberno de Xerardo Estévez
SUPLENTES
S1.- Nerea González: naceu hai 20 anos. Desde a loita contra a LOMCE traballa no movemento estudantil, co compromiso de incluír o feminismo en todas as loitas. Sendo estudante, traballa como voluntaria con nenas e mozos desde hai dous anos. Veciña do Ensanche.
S2.- Enrique Panisse: Farmacéutico do barrio das Fontiñas. Militante histórico do nacionalismo, participou desde o inicio no PSG de Xosé Manuel Beiras.
S3.- Marta Marroquín: desde moi nova participa na loita antifranquista. Sempre desde o feminismo. Desde 1979 vive en Santiago, sendo Especialista de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela. Veciña das Fontiñas.
S4.- David Lapido: 19 anos, estudante de Óptica e Optometría. Ciclista Urbano preocupado coa mobilidade en Compostela. Veciño de Brañas do Sar- Monte do Viso.
S5.- Alexandra Pacheco: nacida en 198. É licenciada en Xornalismo e Filoloxía Galega. Traballa como redactora de informativos na TVG desde 2002. Reside en Compostela desde hai 16 anos e hoxe en día é veciña da Cidade Vella.
S6.- Noel Dopazo: Estudante do Grao en Historia. Participou no 15M. Hoxe é activista LGTBI e do movemento estudantil. Vive no Ensanche
S7.- Sofia Diaz: veciña da Estila. É traballadora social. Actualmente desenvolve o seu labor profesional con persoas maiores, tamén ten traballdo no ámbito da atención primaria, saúde, menores e en asociacións, como traballadora e como voluntaria.
S8.- Sebas Rozas: Aurousán que vive desde hai 14 anos en Santiago; os seus avós eran da Rúa de San Pedro. Licenciado en Belas Artes, traballa como profesor de secundaria da especialidade de deseño. O seu currículo artístico é longo tanto polas súas exposicións individuais como colectivas: ARCO, Eixo Atlántico, Bienal Laxeiro ou Novos Valores de Pontevedra.
S9.- Nine Paz: Veciña de Compostela desde hai case trinta anos, anteriormente en San Pedro, na Almáciga, Meixonfrío e desde hai máis de dez anos, nas Fontiñas. Docente de lingua francesa no ensino público, desde moza participa activamente nos movementos políticos, asociativos e sociais da cidade.
S10 .- Suso Sanmartin: Veciño da Almáciga. 43 anos. Formado em Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Gañador de varios premios de caricatura e BD. O seu humorismo céntrase no ciberactivismo e a performance. Colaborou con A Nossa Terra, Xó!, Tempos Novos, entre outros medios. Coordenador d’O Pasquim, Suplemento de Humor do Novas GZ. Sócio d’A Gentalha do Pichel e da AGAL.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo