Avanzamos na Intermodal que Compostela precisa: aprobado o convenio para a plataforma peonil

Vista da Intermodal de Compostela
O Pleno do Concello de Santiago aprobou o pasado martes o convenio para a construción da plataforma peonil vinculada á estación intermodal, acordado polo propio Concello, a Xunta e ADIF. Un paso fundamental para que Santiago teña a Intermodal que precisa e merece.

Con esta aprobación -malia os votos en contra do PSdeG e do BNG- avanzamos na Intermodal que Compostela merece, máis de vinte despois da sinatura dun primeiro convenio anulado e case dez anos despois dun segundo convenio en pleno ‘boom’ do ladrillo que prevía un aproveitamento urbanístico de 53.000 metros cadrados por parte de ADIF.

Como sinalou o concello de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, a pasarela peonil “permitirá conectar as estacións de ferrocarril e autobuses, e mellorará a permeabilidade entre os barrios do Ensanche e Pontepedriña”. Polo tanto, ademais de melloras na mobilidade, esta infraestrutura vai mudar a cara da cidade suturando a fenda existente entre estes barrios e avanzando na articulación territorial e na cohesión urbana e social de Compostela.

Desbloqueo de proxectos de cidade
Con esta aprobación, o Goberno de Compostela Aberta segue desbloqueando proxectos de cidade longamente esperados como a variante de Aradas, as conexións da AP9 coa Cidade da Cultura, os avances para o inicio da construción do Orbital na zona norte da cidade…

Tamén afrontamos a responsabilidade de pór sobre a mesa alternativas a proxectos negativos que non están á altura do que Compostela merece, como a EDAR proposta polo PP para O Souto e superada pola proposta de Compostela Aberta na Silvouta.

Con moito aínda por diante e por facer, seguimos avanzando en común para acadar a Compostela que queremos máis!

Aquí podes ver o vídeo da Pleno extraordinario no que se aprobou o convenio.

Arquivado en:Intermodalsar
Novas
relacionadas

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

CA reclama unha actuación de mellora integral nos Pexigos

María Rozas solicita a redacción dun proxecto de reurbanización e, a curto prazo, que o tráfico por estas rúas quede limitado a residentes

CA reclama un plan integral para Sar “que aborde a execución das grandes obras pendentes e a dignificación do barrio”

Jorge Duarte lembra que no anterior mandato quedaron feitos proxectos que seguen esquecidos, como o segundo tramo da rúa Castrón Douro ou o equipamento deportivo e aparcamento das Brañas de Sar

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo