Branca Novoneyra pide que o Goberno explique se vai manter a colaboración coa asociación Circonove para a programación de rúa

Non consta que se teña renovado o convenio que permitía que a entidade desenvolvera unha programación estable nas rúas da cidade, e que se viña aprobandohabitualmente antes do verán

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para que o Goberno explique se vai manter a colaboración, e a través de que modelo, coa asociación de animación sociocultural e tempo libre Circonove. A concelleira Branca Novoneyra lembra que nos últimos anos, “co obxectivo de incentivar a creatividade e promover o acceso libre e gratuíto á cultura, o Goberno de CA asinou convenios con esa entidade que garantían unha programación de rúa estable entre maio e setembro”. Neste 2020, explica, “non consta que se teña suscrito ningún acordo deste tipo”.

Na pregunta que vén de ser rexistrada para a súa resposta por escrito, Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que aclare se tén previsto manter a colaboración con Circonove e se o fará a través dun convenio como o que se asinou nos anos anteriores. No caso de ser esa a intención do executivo do PSOE, a concelleira de CA reclama información sobre os prazos que manexa o Goberno para levar ese acordo á Xunta de Goberno e sobre os motivos polos que ese acordo non foi aprobado a día de hoxe.

Branca Novoneyra lembra que o Concello de Santiago “vén colaborando habitualmente coa asociación de animación sociocultural e tempo libre Circonove desde o ano 2004, e esta colaboración deu lugar a un convenio sen custos económicos que permitía que a entidade desenvolvera un programa regular de circo de rúa en espazos emblemáticos da cidade como a Alameda ou as prazas da zona vella”. Deste xeito, apunta a concelleira, “lográbase dinamizar o centro histórico, ao tempo que se incentivaba a creatividade e se promovía o acceso libre e gratuíto á cultura”. Ainda que Circonove sí está a desenvolver a súa programación, Branca Novoneyra apunta que “non consta que estea asinado ningún convenio que lle dea seguridade á entidade para unha programación de rúa que no actual contexto da Covid-19 debera de ser un dos piares fundamentais da oferta cultural de Compostela”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DE CA SOBRE A COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CIRCONOVE

Novas
relacionadas

María Rozas comprométese a recuperar o pulo cultural de Santiago “despois de catro anos de desgana do Goberno de Bugallo”

A candidata de Compostela Aberta presentou o programa en materia de cultura, acompañada por Comba Campoi e Javier García

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo