Branca Novoneyra reclama a recuperación das actividades suprimidas nos centros socioculturais do rural

Compostela Aberta pide unha nova convocatoria dotada con 30.000 euros para actividades “que poñan en valor os espazos do rural, fóra dos centros socioculturais”
  • A concelleira de CA pide explicacións polo anuncio de Bugallo de que non se vai recuperar a Cabalgata de Reis este Nadal

Branca Novoneyra lamentou hoxe que o Goberno local “vaia en contra das actuais tendencias de revaloración do rural, e opte, como é tradición en Bugallo, por desatender á súa veciñanza”. A concelleira de Compostela Aberta denunciou “o desmantelamento das actividades da Rede de Centros Socioculturais nas parroquias”, e reclamou medidas para recuperar o calendario que existía antes da pandemia.

Branca Novoneyra denunciou que “os centros do rural teñen neste curso unha menor oferta de actividades, reducíronse os grupos para o seu desenvolvemento, e impuxéronse tamén algunhas restricións no uso destes espazos que nada teñen que ver coa pandemia da Covid”. A concelleira de Compostela Aberta afirmou que “as asociacións están facendo un esforzo a maiores para manter moitas propostas que foron suprimidas polo Concello, para que a veciñanza manteña a oferta á que estaba afeita”. Por este motivo, CA reclamará no próximo Pleno a recuperación inmediata das horas de actividades suprimidas nos locais e centros socioculturais do rural.

A concelleira tamén lle pide ao Goberno que abra unha convocatoria para desenvolver actividades nas parroquias o próximo ano, dotada cun mínimo de 30.000 euros. O obxectivo, apuntou Novoneyra, “é que as actividades nas parroquias non se limiten ás realizadas nos equipamentos socioculturais, fomentando propostas en zonas abertas e en espazos que deben ser postos en valor e que moitas veces son descoñecidos para a xente que non ten vencello directo con eses lugares”. A concelleira de Compostela Aberta lembrou que “a pandemia da Covid revalorizou  estes espazos, por canto achegan a oportunidade para o fomento de hábitos de vida saúdable e mesmo axudan á desconxestión do centro das cidades, pero en Santiago o Goberno de Bugallo parece ir contracorrente  e optar por esquecerse do riquísimo rural de Compostela”.

Supresión da Cabalgata de Reis

Branca Novoneyra tamén lle pediu explicacións ao Goberno, despois de que o alcalde asegurara onte, nunha entrevista radiofónica, que non se vai recuperar a Cabalgata de Reis este Nadal. Para a concelleira de  CA, “é incomprensible que non se celebre o desfile, cando veñen de levantarse as restricións por mor da pandemia da Covid e cando falamos, ademais, dun acto que se desenvolve ao aire libre”. Ainda que Bugallo xustificou a decisión nos prazos para a convocatoria dun concurso público para a organización do desfile, Novoneyra lembrou que “unha parte importante da Cabalgata podería facerse, precisamente, coa implicación da Rede de Centros Socioculturais, como se viña facendo habitualmente”. Ademais, apuntou que a Cabalgata adoita organizarse a través de diferentes contratos menores, como tamén se fará previsiblemente co acto de recepción en Bonaval que Bugallo di que se vai manter este Nadal e que o ano pasado supuxo un gasto de case 60.000 euros en contratos menores”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A RECUPERACIÓN DUNHA OFERTA DIVERSA E INCLUSIVA DE ACTIVIDADES PARA OS LOCAIS E CENTROS RURAIS DA REDE DE CSC

Novas
relacionadas

Compostela Aberta pide a mediación do Concello para que o bus escolar chegue ao núcleo de Frensa, en Santa Cristina de Fecha

Dous nenos de 5 e 11 anos terían que camiñar máis dun quilómetro por un viario sen beirarrúas nin iluminación porque a concesionaria se nega a modificar o seu itinerario

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

Compostela Aberta pide medidas para garantir a supervivencia das escolas unitarias do rural

María Rozas visitou a escola do Gaioso, na parroquia do Eixo, que podería pechar as súas portas se non consegue máis alumnado para o próximo curso

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo