CA preguntará no Pleno polas previsións do Goberno para o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

Compostela Aberta preguntará mañá, no Pleno ordinario do mes de xaneiro, polas previsións do Goberno para a apertura do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes-Ludoteca das Fontiñas

Compostela Aberta preguntará mañá, no Pleno ordinario do mes de xaneiro, polas previsións do Goberno para a apertura do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes-Ludoteca das Fontiñas. O grupo municipal lembra que, despois de sete meses do actual mandato, o Executivo do PSOE ainda vén de iniciar hai uns días a licitación do programa piloto do servizo de atención á infancia do centro.

No mandato anterior, o  Goberno de Compostela Aberta conseguiu a apertura da ludoteca de Fontiñas, un espazo que se empezou a construír no ano 2006. Tamén se licitou un programa piloto para a xestión do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, pero a adxudicación tivo que ser anulada en base a un dictame do TACGal e non puido reiniciarse pola inminente convocatoria electoral. Aínda así, o anterior Goberno iniciou unha programación transitoria que dotou de contido o espazo despregando actividades como un Círculo Literario, un ciclo de concertos de música tradicional ou as tardes xogantinas.

Transcorridos sete meses do actual mandato, o Goberno do PSOE acaba de iniciar, neste mes de xaneiro, o novo procedemento de licitación do programa piloto para a implantación dun servizo de atención á infancia para a conciliación da vida familiar, laboral e peroal na ludoreca das Fontiñas. O prazo para a presentación de ofertas, segundo se pode ler no Perfil do Contratante, será ata o 12 de febreiro, de xeito que é previsible que o servizo non empece a funcionar no primeiro trimestre deste ano. O obxectivo da pregunta é que o Goberno explique no Pleno que prazos manexa para a posta en marcha dunha programación permanente no centro.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DE CA SOBRE O ESPAZO EDUCATIVO E DE LECER MARÍA MIRAMONTES-LUDOTECA DAS FONTIÑAS

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo