Compostela Aberta apoia a manifestación en defensa da sanidade pública do próximo domingo

CA chama á participación na convocatoria de SOS Sanidade Pública para o vindeiro 9 de febreiro en Compostela

Compostela Aberta vén de mostrar o seu apoio á Plataforma SOS Sanidade Pública, na convocatoria da manifestación en defensa da sanidade pública que está prevista para o próximo domingo. A marcha partirá ás 12.00 horas da Alameda, e percorrerá as principais rúas da cidade para rematar na Praza da Quintana.

No día no que se coñecía o falecemento dunha persoa nos corredores do servizo de Urxencias do Hospital Clínico, Compostela Aberta reitera a esixencia á Xunta de que cese na súa política de desmantelamento da sanidade pública galega e de privatización do sistema. Para a formación, a convocatoria de SOS Sanidade Pública está máis que xustificada polos recortes de recursos, o desmantelamento dos hospitais, nomeadamente dos comarcais; o abandono da Atención Primaria, a manipulación das listas de espera, e os recortes no desenvolvemento do plan de atención integral á saúde da muller, que están a caracterizar a xestión de Alberto Núñez Feijóo

Compostela Aberta xa mostrou o seu apoio á convocatoria da Plataforma SOS Sanidade Pública na moción conxunta presentada polo grupo municipal de CA xunto cos de BNG e PSOE, e que foi aprobada no pasado Pleno da Corporación.

Arquivado en:Feijóosanidade
Novas
relacionadas

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

Jorge Duarte: “Bugallo debe poñerse a traballar coa Xunta para solucionar as eivas de aparcamento no CHUS”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo