Compostela Aberta denuncia o peche indiscriminado de establecementos de ocio nocturno por parte da Xunta

O grupo municipal de CA insta ao Goberno Local a aproveitar todas as ferramentas das que dispón para impedir o peche dos locais, e a reclamar diante da Xunta que se teñan en conta as particularidades de Santiago
  • CA considera que os establecementos de ocio nocturno de Compostela non se poden equiparar coas grandes discotecas e pubs doutras localidades, e deben poder traballar nos horarios doutros locais de hostalería 

Compostela Aberta manifestou hoxe o seu apoio á Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela -e ao conxunto do tecido asociativo da hostalería de Santiago- que vén mostrando a súa preocupación polas medidas indiscriminadas adoptadas pola Xunta de Galicia en relación ao ocio nocturno. O grupo municipal de CA entende que o Goberno galego está na obriga de procurar solucións para un sector que emprega a millares de persoas no noso país, dentro do marco xeral de precaución e coidado da saúde pública que debe primar no actual contexto da pandemia da Covid-19. Do mesmo xeito, Compostela Aberta instou ao Goberno local a que, dentro das súas competencias, procure alternativas que impidan o peche de ducias de establecementos de Santiago. Nesa liña, CA lembra que existe a posibildiade de que os establecementos de ocio nocturno obteñan licenza para actividades complementarias a través dunha declaración responsable.

Compostela Aberta considera que a saúde pública é prioritaria sobre calquera outra cuestión, pero lamenta que as ordes dictadas pola Xunta en relación ao ocio nocturno “sexan indiscriminadas e máis restrictivas que as normas que lle afectan a calquera outro sector, e non vaian acompañadas de medidas de apoio e reactivación”. O grupo municipal de CA urxe ao Goberno galego a “non demorar máis a revisión da orde publicada o pasado día 18, que deixa na indefensión a milleiros de establecementos, moitos deles na nosa cidade” e insta ao goberno de Bugallo a que lle esixa á Xunta esa modificación canto antes. Para Compostela Aberta, a Xunta non ten en consideración as particularidades do ocio nocturno de Santiago ao indicar na sua orden que “entenderanse por establecementos de lecer nocturno, para os efectos do establecido nestas medidas, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos (…) A medida será de aplicación tanto respecto do interior dos locais como das terrazas destes establecementos”.

Licenzas complementarias

Á espera de que a Xunta corrixa a súa orde, Compostela Aberta lembra que “o Goberno local tén a posibilidade de aplicar a normativa municipal a favor dos locais, porque na actualidade está equiparando pubs e establecementos que teñen licenza de café-bar especial e que traballaban en horario diurno, mesmo en terrazas”.  Ademais, Jorge Duarte explica que existe a posibilidade de que os establecementos afectados pola orde de peche da Xunta soliciten unha licenza para actividade complementaria que lles permitiría traballar en horario diurno. O concelleiro lembra que o Goberno de Compostela Aberta aprobou en 2018 a modificación da “Ordenanza reguladora de emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais”, para incorporar no seu artigo 22 un apartado no que se sinala que “nos establecementos públicos dedicados a máis dun tipo de espectáculos, á prestación de máis dunha clase de servizos ou ao desenvolvemento de máis dunha categoría de actividades recreativas compatibles, cumprirá que conste esa circunstancia nos títulos habilitantes”. Nesa liña, incorporouse tamén unha Disposición Transitoria Terceira que sinala que “Os establecementos que pretendan ofertar espectáculos, servizos ou desenvolver actividades complementarias ou adicionais que non consten nos seus títulos habilitantes deberán presentar a correspondente declaración responsable”.

O concelleiro Jorge Duarte lembra que estas modificacións foron incorporadas á ordenanza para solucionar o problema xurdido coa música ao vivo, “pero agora permitiría que moitos pubs teñan unha licenza complementaria para poder abrir e traballar durante o día, garantindo a súa supervivencia e os seus postos de traballo”. O edil instou ao Goberno local a “activar e facilitar esta solución para todos aqueles establecementos que queiran manter a súa actividade económica”.

Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo