Compostela Aberta esixe explicacións e depuración de responsabilidades diante da aparición de restos humanos en Salgueiriños

CA rexistra unha pregunta para coñecer cando e quen decidiu que os restos aparecidos en Bonaval foran depositados no medio do entullo en Salgueiriños, e para aclarar o procedemento seguido polo Goberno local
  • Marta Lois reclama a apertura “dunha investigación seria sobre o acontecido, porque estamos diante de restos humanos tratados como se fosen lixo”

A portavoz municipal de Compostela Aberta manifestou hoxe a súa indignación diante dos feitos acontecidos onte tras a aparición de restos humanos no medio do entullo procedente dunha obra municipal, nunha parcela de Salgueiriños. Marta Lois cualificou o acontecido como “impresentable e dunha falta total de dilixencia municipal ante un feito tan grave como o de que se atopen nunha escombreira restos humanos”, e anunciou que Compostela Aberta xa trasladou unha pregunta ao goberno “pedindo explicacións cando apareceron por primeira vez os restos óseos nas obras do muro de Bonaval, e sobre quen decidiu que foran trasladados a Salgueiriños no medio do cascallo da obra”.

Marta Lois explicou que Compostela Aberta esixe “que se abra unha investigación seria sobre a procedencia destes restos, que se botaron nunha parcela municipal de Salgueiriños como se fosen lixo, vulnerando a dignidade humana” e para que se depuren responsabilidades. A portavoz de CA tamén destacou a pouca sensibilidade do goberno, por no ditaminar o traslado inmediato dos restos ás dependencias de Boisaca cos controis oportunos, senón que despois de coñecerse o acontecido “aínda pasaron toda a noite de onte na mesma localización, sen que tan sequera se colocara na zona un precinto policial”.

Petición de explicacións ao goberno local

Compostela Aberta urxe ao Goberno local a explicar cando apereceron os restos nas obras do muro da Costiña do Monte, que controis arqueolóxicos ou de antropoloxía física se realizaron ao respecto, e que comunicación se mantivo co departamento de Historia Contemporánea da USC, especializado en memoria histórica. O grupo municipal de CA tamén quere saber cando e quen decidiu que eses restos humanos foran trasladados a Salgueiriños no medio do entullo procedente das obras do muro, con que controis se fixo o traslado e por que, unha vez que onte se coñeceu a presenza dos ósos en Salgueiriños, non se lle deu inmediato traslado ás dependencias fúnebres de Boisca, senón que se mantiveron na mesma parcela, na que nin sequera se puxo un cordón policial.

Por último, CA pregunta cando tivo coñecemento dos feitos o concelleiro de Obras, e cal foi o seu procedemento en relación á información transmitida á alcaldía, e que tipo de investigación interna vai abrir o Concello para esclarecer os feitos e depurar responsabilidades.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE CA SOBRE A APARICIÓN DE RESTOS HUMANOS EN SALGUEIRIÑOS

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo