Compostela Aberta insta á Deputación a sumarse á Marcha Europea polos Dereitos das Persoas Desprazadas PERSOAS DESPRAZADAS

O Grupo Provincial de Compostela Aberta vén de presentar unha moción, que será debatida o vindeiro venres, a través da cal a Deputación da Coruña insta aos Gobernos europeos a garantir todas as formas de acceso legais para os solicitantes de asilo, así como máis prazas de reasentamento e admisión humanitaria.

Segundo explicou o deputado provincial, Manuel Dios, trátase así de dar cumprimento á declaración de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, que obriga a todos os estados da UE. Esta é unha medida imprescindible ante a que é a peor crise de desprazados desde a Segunda Guerra Mundial, unha realidade da que Europa non pode permanecer allea ou reaccionar pechando as súas fronteiras. As persoas refuxiadas van seguir escapando da guerra, da opresión, da persecución e da tortura, por moitas trabas que se lles queiran poñer, afirmou.

Dios lembrou que, no pasado mes de setembro, a Deputación xa aprobou unha iniciativa conxunta de Compostela Aberta e Marea Atlántica, na cal se solicitaba ás distintas administracións públicas o seu compromiso ante a crise humanitaria que están a sufrir as persoas solicitantes de asilo. Lamentou que nestes meses pouco ten mellorado, tanto nas políticas dos países de acollida, como nas causas que obrigan a estas persoas a desprazarse, ou nos padecementos que sofren no seu tránsito.

A moción insta á Deputación a sumarse á “Marcha Europea polos dereitos das persoas desprazadas. Pasaxe seguro XA”, convocada para o sábado 27 de febreiro na cidade da Coruña, e a facer un chamamento á cidadanía de participación nas iniciativas en marcha.

O deputado provincial de Compostela Aberta confía en que esta proposta teña o apoio da totalidade dos grupos con representación na Deputación, e que poida ser aprobada como Declaración Institucional.

Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

CA cuestiona os plans para a comarcalización do parque de bombeiros: “Volvemos á proposta de 2000, anulada polo Supremo”

Xan Duro critica que “Xunta, Deputación e Concello queiran atender a comarca só coas horas extras dos bombeiros do parque compostelán, ainda tendo 20 efectivos menos que hai dúas décadas”

Compostela Aberta pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA levará ao Pleno unha moción para demandar que “todas as administracións, tamén a local, se impliquen na resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos en Afganistán”

CA insta ao Goberno local a ofrecer acollemento ás persoas refuxiadas do campamento de Moria

O grupo municipal de Compostela Aberta lembra que Santiago forma parte da Rede de Cidades Refuxio por un acordo unánime do Pleno da Corporación

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo