Compostela Aberta pide medidas para mellorar a seguridade viaria na parroquia de Marantes

O concelleiro Jorge Duarte recolleu as demandas da veciñanza, preocupada pola perigosidade viaria no núcleo de Cortos

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Goberno local atenda as demandas da veciñanza de Marantes, e poña en marcha as medidas necesarias para mellorar a seguridade viaria na parroquia. O concelleiro Jorge Duarte vén de manter unha reunión coa asociación veciñal Rego das Pedras, que leva tempo denuciando a perigosidade dun tramo do Camiño Inglés que discorre polo lugar de Cortos.

Jorge Duarte explicou que “o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, é consciente da situación, porque xa lle foi trasladada pola veciñanza de Martantes con escaso éxito”. Tal e como denuncia a asociación Rego das Pedras, “aínda que o departamento de tráfico actuou na zona limitando a velocidade a 30 kilómetros hora, a realidade é que os vehículos seguen circulando polo tramo a unha velocidade moi elevada, facendo caso omiso da nova sinalización”. Para o edil de Compostela Aberta, “é preciso que o Goberno local poña en marcha outras medidas que serían máis acaídas, como recoñeceu o propio departamento de tráfico, tales como a creación dunha beirarrúa na marxe esquerda dirección Berdía, que obrigaría a reducir a velocidade”. Darte incidiu en que “posto que a concellería de Gonzalo Muíños é conscietedesta necesidade, só resta que lla traslade aos seus compañeiros do Goberno para que executen a obra”.

O concelleiro de Compostela Aberta avogou, ademais, porque a obra para a construción da nova beirarrúa sexa aproveitada “para acometer a ampliación da rede de saneamento, como demanda a veciñanza para darlle servizo a un núcleo no que existen 16 vivendas”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A SEGURIDADE VIARIA NO PASO DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS POLA PARROQUIA DE MARANTES

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo