Compostela Aberta pide que o Pleno mostre a súa oposición á construción dunha gasolineira en Brandía

Marta Lois insta ao Goberno a “estar especialmente vixilante na tramitación desta solicitude de licenza e a ter en conta as alegacións presentadas pola veciñanza e os negocios da zona”
  • A portavoz de CA denuncia “o impacto paisaxístico e ambiental e o risco para a seguridade que suporía a estación de servizo”

Compostela Aberta demandará no próximo Pleno que a Corporación “manifeste o seu rexeitamento á instalación dunha gasolineira xusto na entrada da urbanización de Brandía, un proxecto que conta cunha enorme oposición veciñal e sobre o que existen numerosas dúbidas en canto á súa legalidade e seguridade”. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, urxiu ao Goberno a estar “especialmente vixilante na tramitación da solicitude que tén presentada unha empresa de carburantes, a mesma que xa no pasado mandato intentara, sen éxito, conseguir a autorización para a apertura desa estación de servizo que agora pretende camuflar declarando que será só unha actividade secundaria dentro dunha actividade principal de carácter comercial”. 

O grupo municipal de Compostela Aberta defenderá no Pleno unha proposición na que lembra as preocupacións dos residentes en Brandía diante do solicitude de licenza para a gasolineira, e tamén as dúbidas sobre a súa legalidade, “recollidas nas numerosas alegacións que veciñanza e negocios da zona teñen presentado ao proxecto”. Marta Lois explicou que, despois de que no pasado mandato fora denegada a licenza para a construción da estación de servizo, agora estáse a tramitar unha nova solicitude, “para unha área comercial que terá unha gasolineira como actividade secundaria, algo sorprendente tendo en conta que a petición a fai unha empresa de carburantes, que é a mesma que fracasara no primeiro intento por construir a estación de servizo en Brandía”. 

Dúbidas legais

A portavoz de CA pediulle ao Goberno que teña en conta as alegacións presentadas pola veciñanza, “que recollen as súas dúbidas legais ao respecto do proxecto, e tamén as súas preocupacións en cuestións que mesmo lle afectan á súa seguridade”. Así, Marta Lois advertiu que a gasolineira estaría “a menos de 10 metros do gaseoducto que subministra á Papeleira de Brandía, unha circunstancia que non só suporía incumprir a Lei Estatal de Hidrocarburos senón que ademais podería ocasionar un grave risco nunha zona residencial”.

A veciñanza de Brandía entende, e así se recolle nas alegacións que tén presentadas, que “a gasolineira tería unha nula integración estética co deseño arquitectónico da urbanización e coa calidade paisaxística da contorna, incumprindo así tanto o PXOM vixente como a normativa urbanística galega”.  Ademais, sinalou Marta Lois, “o proxecto podería atentar contra as normativas municipais de accesibilidade, posto que se prevé a eliminación de beirarrúas; de medio ambiente, porque suporá a desaparición de árbores da zona; e mesmo incumpriría as normas municipais relativas ás prazas de estacionameto que teñen que ter este tipo de instalacións”.

Postura unánime da Corporación

Marta Lois lembrou que xa en setembro de 2017 o Pleno aprobou por unanimidade de todos os grupos, os mesmos que hoxe configuran a Corporación, unha moción que rexeitaba a instalación da gasolineira en Brandía, e mostrou o seu convencemento de que nesta ocasión “os grupos terán o mesmo posicionamento e o Goberno actuará en consecuencia, como tamén o fixo Compostela Aberta no pasado mandato no que a gasolineira non se puido finalmente construir”. Na proposición que se debaterá no Pleno do próximo día 30, CA insta tamén ao Goberno a que, na modificación do PXOM que está en tramitación, incorpore a incompatibilidade do uso de gasolineira nas parcelas de uso comercial integradas na trama urbana e se restrinxa este uso únicamente ao contemplado no PXOM de 2008.

Arquivado en:Marta LoisPleno
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo