Compostela Aberta reclama a retirada do decreto sobre a realización de actividades artísticas na vía pública

Branca Novoneyra urxe ao Goberno de Bugallo a rectificar e a elaborar unha nova normativa “consensuada co colectivo de artistas, tal e como se acordou no Pleno”
  • A concelleira de CA considera que Gonzalo Muíños “demostra un enorme descoñecemento, e non se pode permitir que lle atribúa atribúa aos artesáns a degradación da zona vella”

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra urxiu hoxe ao Goberno “a rectificar, retirando o decreto que regula a realización de actividades artísticas na vía pública que foi aprobado sen o preciso diálogo cos artistas e artesáns”. O grupo municipal de CA levará ao Pleno deste mes unha moción neste sentido, na que lembra que a Corporación xa acordou, no pasado mes de outubro, que se elaboraría unha nova normativa consensuada co colectivo afectado. Para Novoneyra, “o Goberno de Bugallo volve exercer a soberbia que o caracteriza, segue sen escoitar, e ampárase no contexto de pandemia para actuar sen a mínima transparencia e impoñendo a súa particular visión da cidade”.

Branca Novoneyra lembrou que a situación dos e das artistas de rúa xa tén sido obxecto de debate no Pleno da Corporación, a partir de iniciativas do grupo municipal de Compostela Aberta “que xa tiña indicios desde hai tempo do escaso recoñecemento que este Goberno tén cara o colectivo, tal e como está a demostrar nas últimas semanas”. Así, recordou que en febreiro de 2020 xa se aprobou unha moción conxunta dos catro grupos municipais, a partir dun texto presentado por CA, “para a protección das actividades e emprazamentos das artes de rúa e para a planificación estratéxica destas actividades durante o Ano Santo de 2021, en coordinación co propio colectivo”. Malia este acordo, explicou Novoneyra, o concelleiro Gonzalo Muíños asinou en setembro de 2020 un decreto que suspendía as actividades artísticas de rúa durante o primeiro trimestre do 2021. Por este motivo, a situación dos artistas de rúa volveu a ser debatida en outubro no Pleno, que acordou que o Goberno debía presentar unha nova normativa de artes de rúa consensuada co colectivo antes do remate do ano, e que non se suspendería a actividade no primeiro trimestre do 2021. 

Incumprimento dos acordos plenarios e nulo diálogo

A concelleira de  Compostela Aberta lamentou que “o PSOE incumpriu por completo o acordo do Pleno, amparándose como fai habitualmente na súa abstención na votación, e co decreto que o edil Gonzalo Muíños asinou o 16 de marzo o que fai o Goberno de Bugallo é traballar totalmente no sentido oposto ao aprobado pola Corporación, e mesmo ao recollido no programa electoral dos socialistas, no que prometía apoio ás artes de rúa”.

Para Novoneyra, “o Goberno non só ningunea ao Pleno, senón que tamén ningunea ao colectivo de artistas e artesáns de rúa, aos que o concelleiro Gonzalo Muíños non tivo a ben recibir ata hai tan só uns días, para escoitar as súas demandas cando xa tiña asinado un decreto que lles é enormemente lesivo”. A concelleira lamentou que “o equipo de Bugallo desbote o traballo dos artesáns e artesás da rúa, cualificándoo como actividade sen interese cultural, e asumindo que a súa presenza contribúe á degradación ou banalización da cidade histórica”. Para a edila de CA, “este posicionamento non é concordante coa opinión extendida de que este colectivo é imprescindible para dotar de vida un patrimonio monumental ben conservado como é o  da cidade histórica de Compostela, de que os artistas e artesáns de rúa son parte do patrimonio inmaterial de Santiago”.

A concelleira incidiu en que “o texto do decreto asinado por Muíños é un insulto aos artistas de rúa e demostra un enorme descoñecemento deste colectivo, por moito que o concelleiro se queira amparar dun xeito moi burdo na UNESCO para sinalar que son os artesáns os que degradan a imaxe da zona vella”. Por iso, Novoneyra reclamou unha rectificación e animou a Muíños “a espertar, porque así o están reclamando os artistas e así o seguiremos reclamando desde CA como vimos facendo desde hai máis dun ano”

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA CONSENSUAR CO COLECTIVO DE ARTESÁNS E ARTISTAS DE RÚA UNHA REGULACIÓN NON EXCLUÍNTE COA ARTESANÍA E AS ARTES DE RÚA

Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo