Marta Lois: “Agardamos que o Real Padroado aprobe o programa de actuacións do Consorcio que quedou definido no pasado mandato”

A portavoz municipal de Compostela Aberta cualifica de “boa noticia para a cidade” a convocatoria e sinala que “os 18 anos que pasaron desde a anterior xuntanza demostran que é preciso repensar o funcionamento do órgano”
  • CA confía en que o programa de actuacións que aprobe o Real Padroado “manteña a liña de traballo do documento que Martiño Noriega lle presentou ao rei Felipe VI, e que prevía actuacións por 243 millóns de euros”

A portavoz municipal de Compostela Aberta sinalou hoxe que “o anuncio da convocatoria do Real Padroado é unha boa noticia para Santiago, porque permitirá o relanzamento do Consorcio”, pero sinalou que “os 18 anos que teñen pasado desde a anterior reunión do órgano demostran que é preciso reformular o seu funcionamento”. Marta Lois mostrou o seu desexo de que “o Real Padroado permita aprobar o programa de actuacións que foi elaborado xa durante o pasado mandato, que o alcalde Martiño Noriega lle presentou no seu día ao rei Felipe VI, e que contemplaba actuacións por 243 millóns de euros”.

Marta Lois cualificou hoxe de “positiva” a convocatoria do Padroado, “da que Compostela Aberta tivo noticias a través dos medios de comunicación, e da que o  alcalde unha vez máis non tivo a ben informarnos malia a que formamos parte da Comisión Executiva do Consorcio”. A portavoz municipal de CA sinalou que “á espera de coñecer os detalles do programa de actuacións que se vai levar a esa xuntanza, agardamos que permita darlle un novo pulo ao Consorcio de Santiago”. Nesa liña, a concelleira lembrou que no pasado mandato o alcalde Martiño Noriega presentáralle ao xefe do Estado un ambicioso documento de actuacións, que suporían un investimento de 243 millóns de euros ata o ano 2026. Marta Lois salientou que “ese programa supoñía certa reoorientación do Consorcio, cunha concepción do patrimonio no que tomaba máis importancia o patrimonio natural e cultural, no que se contemplaba a rehabilitación de novas tipoloxías de inmobles, e no que o organismo interadministrativo prevía actuar máis alá do seu ámbito tradicional da zona histórica, mesmo no rural de Santiago”. Para a portavoz de Compostela Aberta, “o desexable é que o documento que se leve ao Real Padroado o 25 de xullo respecte o traballo feito no pasado mandato, e manteña estas liñas estratéxicas”.

Repensar o Padroado

Marta Lois lamentou que houbera que esperar 18 anos para que se convoque o Real Padroado e sinalou que “esta demora indica que é preciso actualizar o funcionamento do órgano, fixar unha periodicidade para as súas reunións que non estea sometida unicamente á vontade ou á axenda do rei e que non dependa de criterios políticos”. “É unha mágoa”, engadiu a concelleira, “que un programa de actuacións que está pechado desde o ano 2017 teña que agardar ata o ano 2021 para a súa aprobación nunha xuntanza destas características”.

Por último, a portavoz de Compostela Aberta mostrou o seu desexo de que a convocatoria do Padroado “sirva tamén para que as diferentes administracións reafirmen o seu compromiso co Consorcio”. Lois referiuse en especial á Xunta, e sinalou que “despois desa xuntanza do 25 de xullo, Alberto Núñez Feijóo non pode seguir desoíndo a petición que levamos anos formulando desde CA para que achega da Xunta ao Consorcio non siga conxelada, porque claramente vai ser insuficiente para afrontar os retos que se lle presentan ao organismo”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo