O Goberno cita a CA para falar de orzamentos a catro días do Pleno e sen recoller propostas

  • O PSOE limitouse a anunciar a próxima presentación dun informe técnico sobre as contas, nunha xuntanza convocada despois de que Martiño Noriega denunciara que non houbera ningún contacto sobre os orzamentos

 

Días despois de que o portavoz de Compostela Aberta denunciara que o Goberno non mantivera ningún contacto con CA por mor da presentación dos orzamentos municipais, esta mañá celebrouse unha xuntanza entre a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, e o propio Martiño Noriega. Á reunión tamén asistiron a viceportavoz de Compostela Aberta, Marta Lois, e o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte. A xuntanza rematou sen ningún avance, posto que os concelleiros do Goberno limitáronse a anunciar a próxima presentación dun “informe técnico” sobre o proxecto de orzamentos.

Martiño Noriega lamentou que o primeiro contacto sobre os orzamentos “se produza a só catro días do Pleno no que van ser sometidos a votación, e cando o PSOE de Bugallo xa ten garantido que o PP non obstaculizará a aprobación das contas”. O portavoz de Compostela Aberta volveu lamentar que “o Goberno socialista prefira virar á dereita e pactar co Partido Popular, sen ter tido ningún contacto previo coa chave da maioría progresista da Corporación”. Nesa liña, o concelleiro incidiu en que “PP e PSOE pactan uns orzamentos que insisten en presentar como técnicos cando neles hai decisións políticas que únicamente teñen o obxectivo de borrar a pegada de CA, como a desaparición dos proxectos comprometidos no proceso de Orzamentos Participativos, a baixada das partidas de Emprego ou Políticas Sociais, e mesmo a supresión de actuacións importantes como a construción do muro de Fontiñas mentres se incrementa en 600.000 euros o capítulo de Festas”.

O portavoz de Compostela Aberta explicou que na xuntanza desta mañá “Marta Abal insistiu no seu discurso de que é preciso aprobar uns orzamentos para facer fronte ás obrigas que tén o Concello, obviando que foi o seu partido, o PSOE, quen quixo levar á administración local a esta situación impoñendo o bloqueo dos orzamentos municipais unicamente por motivos electoralistas”. 

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo