O Goberno de Bugallo leva ao Pleno o levantamento de 19 reparos suspensivos da Intervención que evidencian o mal uso dos contratos menores

  • María Rozas: “É escandaloso que o Goberno nos traia a Pleno facturas pendentes de pagarlle aos provedores desde hai ano e medio, e máis que o faga con estes informes da Intervención municipal”
  • A concelleira de Compostela Aberta denuncia que “hai persoal municipal que nun só mes fixo máis de 80 horas extraordinarias, o máximo permitido para todo un ano”

O Goberno de Bugallo levou ao Pleno extraordinario  celebrado hoxe un expediente de crédito extraordinario “que escondía 19 reparos suspensivos da Intervención municipal, na súa maioría relativos ao mal uso da figura dos contratos menores”. A concelleira  de Compostela Aberta María Rozas denunciou que “cada vez é máis evidente que o equipo do PSOE non ten ningún respecto polos grupos da oposición, aos que quere corresponsabilizar da súa mala xestión, pero tampouco polos procedementos regrados”. 

María Rozas explicou que o expediente extraordinario aprobado hoxe, por un importe dalgo máis de 600.000 euros, “tiña como obxectivo o pago de facturas pendentes do ano 2021, algunhas delas do mes de xaneiro, polo que temos provedores do Concello de Santiago que levan ano e medio esperando a cobrar os seus traballos”. A concelleira de CA incidiu en que “se xa esta demora é escandalosa, ainda o é máis o feito de que no expediente se agochen 19 reparos suspensivos da Intervención municipal, que fai un informe demoledor sobre a mala praxe deste Goberno”. Rozas, que lembrou que durante o pasado mandato o Goberno de CA levou ao Pleno un só reparo suspensivo,  explicou que “a Intervención está poñendo de manifesto o mal uso e o abuso que Bugallo e o seu equipo fan dos contratos a dedo, dos que tiran para atender necesidades do Concello que non son puntuais, e está advertindo que eses contratos son nulos de pleno dereito”. A concelleira incidiu en que “estamos diante dunha nova mostra da incapacidade manifesta deste Goberno para sacar adiante as licitacións, xa non as complexas e de grandes importes como podería ser a do transporte urbano, senón outras moito máis modestas, e tamén do fracaso do Plan de Contratación, que segundo a propia concelleira de Facenda tiña como obxectivo prioritario planificar mellor as contratacións e limitar o uso dos menores”. Rozas salientou, ademais, que “este expediente non é unha excepción, porque xa temos a convocatoria dunha nova comisión de Facenda na que se debaterán novos levantamentos de reparo, e porque os recoñecementos extraxudiciais son puntos frecuentes nas ordes do día das Xuntas de Goberno, con 22 aprobados só no último mes”.

A concelleira explicou que CA optou por absterse na votación deste expediente “por responsabilidade cos provedores, que non son responsables senón vítimas da mala xestión do Goberno de Bugallo e que teñen dereito a cobrar polos traballos feitos para o Concello de Santiago”.

Pago das horas extraordinarias

No Pleno extraordinario de hoxe tamén se aprobou, coa abstención de CA, un expediente para o pago das horas extras de 2021 que o Concello tiña pendente de abonarlle a diferente persoal municipal. María Rozas mostrou o seu malestar “polas formas, porque o Goberno levou este asunto a unha comisión de Facenda convocada con carácter de urxencia con só unha hora de antelación, e cun expediente que lle chegou á Intervención Municipal na véspera desa xuntanza, pasadas as dúas da tarde”. En canto ao fondo, a concelleira de  CA incidiu en que “en 2021 o Goberno de Bugallo gastou en horas extras 600.000 euros máis do que tiña orzado, ata chegar aos 1,8 millóns de euros, unha cantidade que tén moito que ver co exceso de horas extras que está realizando determinado persoal”. Rozas explicou que “hai traballadores e traballadoras que nun só mes superan o límite de 80 horas extras permitido para todo un ano”..

Rozas incidiu especialmente no caso das horas extras que se lle deben á Policía Local, e uxiu ao Goberno “a aclarar cales foron as medidas que puxo en marcha para reforzar o corpo e para limitar a realización das horas extras, como o PSOE lle esixía ao Goberno de Compostela Aberta no pasado mandato, porque o que evidencia este expediente é que nada diso se fixo, máis ben ao contrario”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo