O Goberno do PSOE iniciou a licitación de só tres dos trinta proxectos que lle quedaron preparados no pasado mandato

O concelleiro de Compostela Aberta Rafael Peña preguntará no Pleno desta semana pola lentitude na tramitación destas actuacións

O Goberno de Compostela Aberta deixou máis de trinta proxectos de obras listos para licitar, e nos seis meses de Goberno do PSOE tan só se abriu ese procedemento en tres deles. É a denuncia que hoxe formulou o concelleiro Rafael Peña, que levará ao Pleno do xoves unha pregunta ao respecto. O edil chamou a atención sobre “a escasa capacidade do executivo de Bugallo para mover os expedientes que lle quedaron pechados, e que se refiren a actuacións nalgúns casos demandadas historicamente pola veciñanza”. 

Rafael Peña explicou que “o equipo de Bugallo leva celebradas, coa desta mañá, 41 Xuntas de Goberno Local, das que 16 tiveron carácter extraordinario”. Nelas, só se iniciou a licitación de dous proxectos: a construción da senda peonil na rúa de San Martiño de Aríns, orzado nalgo máis de 400.000 euros; e a mellora e acondicionamento do local sociocultural da Grixoa, cun tipo de licitación de 55.000 euros. Ademais, quedou adxudicado o contrato de adecuación da instalación eléctrica da piscina e do ximnasio de Santa Isabel, por 70.000 euros.  A maiores, iniciouse a licitación da reforma de Clara Campoamor, despois de e do acondicionamento do palacete da Finca do Espiño, “unha actuación que quedou deserta”.

Goberno pouco produtivo

O concelleiro de Compostela Aberta relatou que “tal e como consta no informe do traspaso e poderes, o Goberno de CA deixou case trinta proxectos aprobados e dos que se podería iniciar a licitación”. Trátase, apuntou, “de actuacións que eran demandadas pola veciñanza, que nalgúns casos se atrasaron por cuestións alleas ao Concello como os permisos sectoriais doutras administracións”. Para Rafael Peña, “é preocupante que cando está a piques de rematar o ano, non saibamos nada nin destes proxectos nin dos que pretende incluír o Goberno do PSOE nos seus orzamentos de 2021”.

Sen desculpas orzamentarias

Ademais, o concelleiro explicou que “boa parte dos proxectos que poderían licitar son financiados con cargo aos Plans de obras da Deputación da Coruña, e polo tanto non dependen dos orzamentos municipais”. Outros, apuntou Rafael Peña, foron incorporados aos orzamentos técnicos de 2019, polo que tamén se podería aprobar o procedemento de adxudicación. O edil de Compostela Aberta lembrou, por último, que “existe a posibilidade de tramitar anticipados de gasto para poder iniciar as licitacións, e poder executar as obras nos meses de verán”. 

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DE CA SOBRE A LICITACIÓN DE PROXECTOS

Novas
relacionadas

CA pídelle ao Goberno que explique cando se van acometer as actuacións anunciadas para o barrio do Viso

María Rozas percorreu a zona acompañada pola veciñanza, que reclama información sobre o proxecto de canalización de augas pluviais desde o Gaiás

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo