Reto: máis mobilidade para vivir mellor

Tamén se explorará a posibilidade de construír un aparcamento soterrado na Avenida da Coruña para dar servizo ao Ensanche “onde mantemos a nosa intención de habilitar 400 prazas de estacionamento no antigo colexio Peleteiro”.
Play Video

O alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega, e o número 5 da lista de Compostela Aberta e actual concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, presentaron o segundo dos trece retos cos que a formación se presenta ás eleccións do próximo día 26: “Máis mobilidade para vivir mellor”.

Noriega explicou que “queremos aproveitar a transformación urbanística de Santiago para mudar os usos dos espazos urbanos, para facer unha cidade máis amable coas persoas, e para repensar a mobilidade con alternativas ao vehículo privado”. Trátase, apuntou, “de continuar coa liña marcada neste mandato, no que apostamos por pacificar o tráfico nun punto conflitivo da cidade como é San Francisco, ou por viabilizar a ansiada peonalización de San Pedro despois de anos e anos de moitas promesas ao respecto e ningunha viabilización”.

Ademais, Martiño Noriega apuntou que “os nosos esforzos irán dirixidos a ter adxudicado o novo servizo de transporte urbano no primeiro ano de mandato, despois dunha licitación moito máis complexa do que todas agardabamos, e na que nos atopamos multitude de atrancos”.

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade explicou que “Santiago mudou moito nos últimos vinte anos, co crecemento urbanístico de zonas como Pontepedriña, Castiñeiriño ou Santa Marta, que fixo que as estradas que atravesan estes barrios sexan en realidade rúas urbanas, que soportan un enorme tráfico e que son pouco amables para os peóns”.

Jorge Duarte tamén se referiu a outras actuacións que lle afectan á mobilidade “como a construción da futura estación intermodal, a ampliación da AP-9, a construción do paso inferior de Conxo, ou mesmo a planificada reforma dos Camiños de Santiago”. O concelleiro apuntou que “é un reto aproveitar todas estas mudanzas para conseguirmos repensar a mobilidade e para humanizar os nosos barrios”.

Calmado de tráfico e aparcamento
Santiago soporta a entrada diaria de máis de 15.000 vehículos, “procedentes dos concellos limítrofes nos que viven máis de 100.000 persoas, que non atopan unha boa solución de mobilidade no Plan de Transporte Metropolitano que segue sen funcionar de maneira axeitada e no que segue sen primar o interese público sobre o interese das empresas”. Un dos principais retos do próximo mandato é reducir o tránsito de vehículos privados polo centro urbano “é para iso apostamos pola creación de aparcadoiros de borde en puntos estratéxicos como Castiñeiriño ou Santa Marta, que estean ben conectados a través do transporte urbano e que sexan accesibles, e que sumarán aos xa previstos na Altiboia, Triacastela, Sar, San Lázaro ou Conxo”.

Tamén se explorará a posibilidade de construír un aparcamento soterrado na Avenida da Coruña para dar servizo ao Ensanche “onde mantemos a nosa intención de habilitar 400 prazas de estacionamento no antigo colexio Peleteiro”.

Ademais, o concelleiro de Mobilidade sinalou a importancia “de reforzar o calmado de tráfico no Ensanche que xa iniciamos neste pasado mandato, e ofrecer unha solución ás áreas de maior saturación de tráfico, como o ámbito das rúas Rosalía de Castro, Juan Carlos I, Senra ou Praza de Galicia”, e apostou por xerarquizar os modos de transporte. Ademais, Jorge Duarte apuntou outros retos como “a aprobación do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible, coa incorporación das medidas acordadas neste mandato no Pacto Local pola Mobilidade para primar os espazos peonís e para conseguir que as rúas sexan verdadeiramente espazos para vivir, xogar, e interrelacionarse”.

Mellora do transporte público e modos brandos de transporte
Un dos primeiros retos para o comezo do mandato é “licitar o novo servizo de transporte urbano, despois de térense alongado de máis os prazos previstos para sacar o concurso”. Jorge Duarte explicou que “este Goberno deixa elaborados os pregos garanten unha rede mellor adaptada ás novas características de Compostela, máis eficiente, con maior cobertura xeográfica e con mellores frecuencias”.

Tal e como apuntou, “haberá menos liñas pero máis eficientes, con tres rutas troncais e outras tres circulares, e con servizo de transporte a demanda para a zona rural”. O edil explicou que “esta será a primeira vez na que o servizo de transporte se repensa na súa totalidade, porque ata o de agora só se foron creando novas liñas para atender o crecemento de determinadas zonas da cidade, pero sen avaliar a súa afectación ao conxunto do mapa de liñas”. A nova concesión tamén permitirá “renovar a flota de autobuses, e garantir unha maior presenza dos vehículos eléctricos ou híbridos, que serán obrigatorios no ámbito da cidade histórica”.

Outra das medidas para lograrmos “unha mobilidade para vivir” ten que ver co fomento dos modos brandos de transporte, nomeadamente da bicicleta. Ao respecto, “afondarase na sinalización da prioridade ciclista e a ampliación da zona 30, e porase en marcha unha nova rede de bicicletas públicas eléctricas que poidan ser utilizadas por residentes e visitantes”. Tamén se apostará “por facer percorridos peonís seguros, algo no que xa avanzamos tamén coas sendas habilitadas nestes anos, e que tivemos en conta por exemplo á hora de deseñar o novo viario Clara Campoamor”.

Na cidade histórica, a prioridade será a implantación dun novo modelo de carga e descarga “que permita dar un servizo axeitado a comerciantes e hostaleiros respectando as singularidades da zona”. Tamén se buscarán solucións aos tráficos rodados que existen na zona vella “con especial atención á área de influencia da Praza de Abastos”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo