Xan Duro: “Bugallo debe explicar por que se nega a avaliar os diferentes modelos de xestión da auga”

O concelleiro de Compostela Aberta denuncia o “paripé” da reunión da Comisión da Auga celebrada onte, “na que o Goberno do PSOE rexeitou entregar informes e analizar a memoria do servizo en Valladolid que lle entregamos”
  • Na capital castelá, a xestión pública da auga permitiu que en catro anos se duplicara a licitación de obras de mellora na rede con respecto aos 20 anos de xestión privada

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro mostrouse hoxe moi crítico coa actitude do alcalde e da concelleira de Medio Ambiente, “expertos en finxir que manteñen un diálogo coa oposición que non existe, e en convocar xuntanzas que son puro paripé”. O edil referíase así á reunión da Comisión de Estudo para a xestión do ciclo integral da auga celebrada onte, tras a solicitude rexistrada polo grupo municipal de CA o pasado día 3. Tal e como explicou Duro, “a comisión segue sen cumprir a súa función, porque o Goberno segue sen entregar os informes que se lle demandan, segue sen avaliar os diferentes modelos de xestión, e négase mesmo a coñecer os datos de experiencias exitosas na municipalización da auga, como é o de Valladolid”.

O concelleiro de Compostela Aberta denunciou “a tomadura de pelo e a falta de respecto aos grupos da oposición que supón que o Goberno convoque a Comisión da Auga sen ningún obxectivo real máis que o de poder responderlle a CA que se celebrou a xuntanza solicitada”. Para Xan Duro, “cada vez resulta máis evidente que o Goberno de Bugallo ten un especial interese en que non se avalíen todos os modelos de xestión da auga, porque non presentan os informes comparativos e porque na reunión de onte Bugallo e Mila Castro mesmo quixeron ignorar a información que lle presentamos sobre os resultados que se están a obter en Valladolid coa xestión pública do servizo”. O edil de CA salientou que “esta actitude contrasta coa que vemos en concellos tamén gobernados polo PSOE, xa non só Valladolid, senón tamén o veciño municipio de Ames onde puidemos asistir a unha xuntanza entre o alcalde, o socialista Blas García, e a concelleira de Medio Ambiente de Valladolid, María Sánchez, para analizar os pasos precisos para recuperar a xestión directa da auga”.

Memoria do servizo en Valladolid

Xan Duro lembrou que Compostela Aberta solicitou expresamente o pasado 3 de decembro que na reunión da Comisión da Auga se analizara a memoria do servizo en Valladolid. O concelleiro insistiu en que “Bugallo e Mila Castro deben explicar porque queren ocultar unha documentación que revela que desde a municipalización da auga, hai catro anos, licitáronse obras de mellora na rede por valor de 43 millóns de euros, fronte ás obras executadas nos 20 anos de xestión privada que supuxeron un investimento total de 27 millóns de euros”.  O edil de Compostela Aberta reiterou que “os datos de Valladolid desmontan todo o discurso de Bugallo sobre a necesidade de facer unha concesión a 25 anos para poder acometer as obras que precisa a rede de subministro, e por iso o alcalde quere ocultar esa información”. 

PODES CONSULTAR AQUÍ A MEMORIA DO SERVIZO DA AUGA EN VALLADOLID

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo