Jorge Duarte: “Case un ano e sete sentenzas despois, Bugallo segue ignorando aos conductores do autobús ao aeroporto inxustamente despedidos”

Compostela Aberta preguntará no próximo Pleno polas medidas que vai adoptar o Goberno para que os traballadores sexan subrogados pola nova operadora da liña

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte denunciou hoxe “o incomprensible pasotismo do Goberno local e en particular do alcalde, que un ano despois, e tendo sete sentenzas xudiciais sobre a mesa, segue sen mediar para lograr a subrogación dos conductores do autobús ao aeroporto que foron inxustamente despedidos en decembro de 2020”. Para o edil, “é intolerable este atraso, porque falamos de moitas familias prexudicadas polo desleixo do Concello desde que a Xunta lle derivou a competencia desa liña”.

Jorge Duarte lembrou que existen sete sentenzas do xulgado de primeira instancia que consideran improcedente o despido dos traballadores do servizo do autobús ao aeroporto. Eses fallos indican que o persoal tería que ser subrogado pola empresa que agora cobre esa liña, a UTE Trapsa-Tralusa, porque así se contemplaba no acordo da Xunta de Galicia coas empresas concesionarias das liñas de toda Galicia que pasaron a ser competencia municipal en decembro de 2020. Ainda así, a empresa decidiu pagar as indemnizacións e non subrogar ao persoal, unha decisión que foi recurrida ante o Tribunal Superior de Xustiza, que xa emitiu tamén unha sentenza ao respecto ratificando que os traballadores deben ser subrogados por Trapsa-Tralusa. 

O concelleiro de Compostela Aberta lamentou que “o Goberno de Bugallo non exercera a súa responsabilidade e mediara entre os traballadores e a nova empresa concesionaria para conseguir a subrogación, tal e como, ademais, se acordou no Pleno en xaneiro de 2021, a partir dunha proposición presentada por CA e de cadansúa moción de PP e BNG”. Para Jorge Duarte, “estamos diante dunha nova mostra da soberbia e da prepotencia deste alcalde, que considera que non tén nada do que falar cos traballadores e traballadoras de servizos esenciais, como xa fixo tamén co persoal de Urbaser”. O edil incidiu, ademais, en que a situación na que se atopan os conductores “é responsabilidade directa do Goberno do PSOE”. Nese sentido, lembrou que a Xunta de Galicia comunicou o traspaso da competencia da liña de autobús ao aeroporto en setembro de 2020, “e o Concello tivo case catro meses para adoptar medidas pero preferiu non estudar alternativas nin preocuparse pola situación do persoal”. A maiores, salientou Duarte, “Bugallo leva máis de dous anos e medio no Goberno e aínda non iniciou a licitación do servizo de autobuses, malia ter recibido no traspaso de poderes uns pregos moi avanzados para poñer en marcha o procedemento”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A SITUACIÓN DOS TRABALLADORES DA LIÑA DE AUTOBUSES AO AEROPORTO DE SANTIAGO – ROSALÍA DE CASTRO.

Arquivado en:BugalloJorge Duarte
Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo