Xan Duro: “A EDAR da Silvouta será unha realidade grazas ao modelo impulsado por Compostela Aberta durante o seu goberno”

A sinatura do convenio evidencia que era posible tramitar a depuradora polo procedemento do diálogo competitivo e coa declaración de impacto ambiental simplificada, como defendía CA
  • A proposta de EDAR de Compostela Aberta é a mellor e máis sustentable económica, social e ambientalmente
  • Bugallo esquece que a súa proposta de EDAR foi tumbada polos tribunais por unha sentenza de 2015

A sinatura, esta mañá, do convenio para a construción da nova depuradora da Silvouta evidencia que a estratexia impulsada por Compostela Aberta durante o pasado mandato era a acaída para que Santiago conte cunha nova EDAR máis eficiente e con menor impacto ambiental. Así o sinalou o concelleiro Xan Duro, que incidiu en que “o acto de hoxe non é o inicio deste proceso, senón o resultado dun intenso traballo que se desenvolveu nos últimos anos. Hoxe quedou ratificado que era posible tramitar o proxecto co procedemento do diálogo competitivo, e que era posible abreviar os prazos cunha declaración de impacto ambiental simplificada, como defendía CA, malia a que PSOE e PP negaron ambas cuestións, tanto desde a oposición no Concello como desde a Xunta”. O edil de CA mostrou a súa satisfacción “porque o río Sar por fin vaia ter a EDAR que precisa, tras máis de vinte anos de espera”.

O concelleiro Xan Duro lembrou que no ano 2015, cando Compostela Aberta chegou ao Goberno, “sobre a mesa había dúas alternativas para a construción da EDAR: a de Bugallo, que a finais de 2015 foi anulada por unha sentenza xudicial que lle deu a razón á veciñanza da zona, e a do PP, que se demostrou inviable desde o punto de vista ambiental, orzamentaria e social”. O edil incidiu en que “o Goberno de CA traballou para procurar unha terceira alternativa, que tal e como recoñeceu hoxe a responsable de ACUAES, Rosa Cobo, era complicada pero foi un acerto”

As mentiras de Bugallo

Xan Duro tamén lamentou que o alcalde aproveitara a sinatura do convenio para a construción da EDAR “para seguir mentindo sobre as xestións do Goberno de Compostela Aberta e sobre as súas propias”. No acto, Bugallo afirmou que deixara a alcaldía en 2011 pensando que todo estaba amañado “e oito anos despois atopei que se perderan os fondos europeos en dúas convocatorias, que non había proxecto e que o único que había era un convenio para facer un estudo”. Ao respecto, Xan Duro lembrou que en decembro de 2018, o Ministerio para a Transición Ecolóxica aceptou a proposta do Concello para localizar a nova depuradora no mesmo emprazamento da actual, na Silvouta. En xaneiro de 2019, ACUAES aceptou a proposta do Goberno para lanzar o proxecto mediante o modelo do diálogo competitivo, e o 15 de marzo de 2019, o entón alcalde Martiño Noriega e a responsable de ACUAES, Rosa Cobo, asinaron o correspondente convenio, que permitiu que o 10 de maio de 2019 ACUAES aprobara o documento descritivo para a licitación do contrato de redacción do proxecto e execución da EDAR da Silvouta.

Xan Duro apuntou que “o 30 de xuño de 2019 iniciouse a licitación e soubemos que había nove empresas interesadas en desenvolver o proxecto da depuradora de Santiago. Foi quince días despois da chegada de Bugallo á alcaldía, e é evidente que moi pouco tivo que ver o actual alcalde nese procedemento”. O concelleiro de CA lembrou tamén que “no que sí que tivo responsabilidade Bugallo foi en paralizar a licitación da depuradora no ano 2011 por intereses electoralistas e previo acordo co entón conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, tal e como o propio Bugallo contou nun mitin na pasada campaña electoral”. Para Xan Duro, “é inaceptable que o alcalde traslade a idea de que non había nada feito sobre a depuradora cando chegou á alcaldía, despois de que a propia responsable de ACUAES recordara no acto de sinatura do convenio que os anteriores responsables do Concello foron os que propuxeron a fórmula do diálogo competitivo e de que explicara que o proceso para arrancou en maio de 2019”

Os fondos europeos

Xan Duro reiterou tamén as dúbidas de Compostela Aberta ao redor do financiamento da depuradora, posto que o convenio asinado hoxe ratifica que a EDAR se executará con cargo aos fondos europeos de reconstrución e non aos fondos FEDER que estaban consignados para a actuación. O concelleiro de CA incidiu en que é falso que eses fondos se perderan por unha cuestión de prazos, tal e como ACUAES lle explicou ao alcalde nunha carta que lle foi remitida en abril de 2020. Nela sinálase que “los criterios adoptados para la selección de operaciones susceptibles de contar con financiación europea dentro del POPE 2014-2020, están directamente relacionados con el incumplimiento de la Directiva 91/271/CEE de tratamiento de aguas residuales urbanas, y en consecuencia con el hecho de estar incluido dentro de cualquier procedimiento de infracción abierto por dicha Comisión. En el caso del Concello de Santiago, nos comunican desde el Ministerio que los reportes efectuados a la Comisión indicaron un grado de cumplimiento suficiente del efluente de la actual EDAR de Silvouta conforme a los parámetros exigidos, razón por la cual, la aglomeración urbana de Santiago de Compostela fue excluida del procedimiento de infracción en que inicialmente estaba incluida”. 

Na mesma comunicación, ACUAES explicaba que “somos conscientes del precario estado en que se encuentra la actual EDAR de Silvouta, razón por la cual hemos enviado informe y hemos solicitado, entendemos que de forma justificada, en múltiples ocasiones tanto a la Dirección General del Agua, como a la Oficina Presupuestaria del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico que valoren la conveniencia y necesidad de volver a incluir la actuación correspondiente a la nueva EDAR de Silvouta en una nueva reprogramación de la línea de saneamiento y depuración correspondiente al POPE 2014-2020, dado que a nuestro juicio que el efluente cumpla los criterios de depuración, no significa que la aglomeración como tal los cumpla”.

Para Xan Duro, o alcalde debe explicar que xestións realizou diante do Goberno central para que non se perderan eses fondos europeos, “ou se pola contra deu por bos os criterios da Xunta de Galicia, que foi a primeira en pedir que ese diñeiro fora derivado para outro proxecto, nunha petición da conselleira Ethel Vázquez que atendía únicamente a intereses electoralistas”.

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo