Compostela Aberta é unha organización política municipalista. Unha confluencia de persoas conscientes e comprometidas para devolverlle Santiago á xente e facer políticas de esquerdas transformadoras e valentes.

Axúdasnos a facer unha
Compostela mellor?

En Compostela Aberta temos recollido no noso Código Ético a renuncia explícita dos créditos bancarios e das doazóns de particulares que poidan coartar a nosa independencia política.

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos

UN GOBERNO DE COMPOSTELA ABERTA POLO QUE IMPORTA

Estas son algunhas das nosas propostas para facer de Santiago unha cidade mellor para vivir e ser vivida

A auga é un ben público que en Santiago leva 50 anos en mans privadas. Por iso queremos recuperar a súa xestión a través dunha  Empresa Municipal de Auga.

Gracias a esta empresa podemos aforrar ata 80 millóns de euros que non serán para beneficio dunha multinacional senón para dar un mellor servizo á veciñanza e renovar infraestruturas obsoletas dende hai décadas. Moi especialmente no rural, onde a estas alturas aínda segue faltando abastecemento e saneamento en moitas parroquias.

Fomos e seguiremos sendo pioneiros en esixir unha taxa turística que sirva para manter os servizos e a calidade de vida nas zonas máis saturadas. Queremos unha cidade aberta á xente de fóra, pero cun modelo sostible e de convivencia, na que os visitantes respecten á cidade á veciñanza.

Un Santiago vivo non pode ter turismo a granel que expulsa aos veciños do Casco Histórico, acaba co comercio tradicional, fomenta salarios precarios na hostalería e pon o prezo da vivenda polas nubes.

Queremos un Santiago que non deixe a ninguén atrás. A Renda de Garantía Básica que lanzamos no 2016 volverá ser prioritaria e queremos crear unha Renda de Garantía Infantil que permita acceder non só a comedores ou material escolar, senón a servizos de apoio, logopedas, terapeutas, actividades extraescolares…
Tamén queremos priorizar o centro de Belvís de atención ás persoas sen fogar 24h e lanzar a Oficina Municipal de Vida Independente que acompañe ás persoas con discapacidade.
E unha cousa fundamental: auditar o Servizo de Axuda no Fogar para garantir tanto o cumprimento do servizo como as condicións laborais das traballadoras.

Non queremos que a xente siga marchando a outros concellos veciños polos prezos prohibitivos das vivendas e dos algueiros en Santiago.

E por iso, entre outras moitas medidas, queremos fomentar que as vivendas baleiras ese poñan no mercado ou  impulsar a rehabilitación para alugar a prezos razoables.

Tamén reclamamos que a Xunta e o Estado constrúan moita máis vivenda pública, unha competencia que teñen completamente desatendida dende hai anos.

Compostela ten que recuperar o pulso cultural que a diferenciou sempre doutras cidades galegas e do Estado.
Recuperar a música ao vivo, o apoio aos artistas locais ou artellar unha Rede Local de Artes ao Vivo
con proxección local e internacional son prioritarias para Compostela Aberta.

Unha cidade con futuro non pode ter unha mobilidade do pasado. Para poder usar menos o coche, impulsaremos un novo modelo de transporte público máis eficiente e ecolóxico, con menos esperas e novas liñas, consensuadas coa veciñanza.
Tamén queremos recuperar a xestión de parkings no Ensanche con descontos para residentes e comercios e esixiremos que a Xunta  faga o parking do hospital.
O fomento do uso da bicicleta cunha rede  muncipal de bicicletas eléctricas e novos carrís bici conectados con sentido común son outras das nosas prioridades. 

O rural merece os mesmos servizos que hai no Ensanche ou nos barrios.
Por iso queremos mellorar saneamento, abastecemento, recollida de lixo, iluminación ou pavimentado. Pero tamén atender unha oferta escolar de calidade, un transporte público digno, mellor oferta cultural, novos equipamentos sociais e deportivos ou espazos cubertos para maiores e pequenos. Con Compostela Aberta, o rural volverá ser escoitado e tido en conta.

Queremos construir e modernizar as instalacións para aumentar a oferta para deportistas e persoas activas. Recuperar o control público do Multiusos, construir a piscina de Santa Marta e a área deportiva de Sar e buscar como dar máis uso aos pavillóns da Xunta e da Universidade ou os antigos campos de fútbol das parroquias son prioridades para CA.

Tamén queremos prestar máis atención a deportes minoritarios, apoiar o deporte feminino e recuperar o diálogo cos clubes e entidades.

Santiago ten que volver ser capital feminista, como o foi coa campaña ‘Compostela en Negro’, que chegou a todos os lugares de Galicia e que o goberno socialista deixou esmorecer ao igual que as actividades na Casa Xohana Torres.

O feminismo, a perspectiva de xénero e a loita contra as violencias machistas teñen que ser outra vez transversais en todas as áreas de goberno, dende a cultura e a memoria histórica, ata o urbanismo, para que Santiago sexa de novo Territorio das Mulleres.

Queremos un concello máis áxil á hora de darlle servizo á xente. Un concello máis moderno que acelere á implantación da administración electrónica, mellore o pago de facturas e subvencións e axilice procesos como a concesión de licenzas.

A cercanía estivo no ADN do goberno de Compostela Aberta e así volverá ser agora que volve estar no goberno. Gobernaremos escoitando, recuperando os orzamentos participativos e o diálogo coas asociacións veciñais e o tecido asociativo.

E seguiremos a ser valentes, con propostas transformadoras como a taxa turística  que miren polos intereses da veciñanza e sen partidismo electoral. Porque a valentía, importa.

Compostela Aberta puxo fin ao nefasto goberno do PP que fixo de Santiago capital da corrupción. 

Porque a honestidade importa, as portas do concello estarán abertas con total transparencia para que a veciñanza saiba a que se adica cada euro público.

O Viso: voceiro municipal de Compostela Aberta
Unha ollada alternativa

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo